Publicacións

Crónica da homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Imaxe
 O pasado venres 14 de outubro, a asociación Lucenza en colaboración co Concello de Nigrán e a Fundación Celso Emilio Ferreiro, celebramos con moita ilusión unha homenaxe a este grande escritor ourensán e a súa obra Longa noite polo sesenta aniversario. A homenaxe estivo cargada de momentos emotivos e tiña todos os elementos que toda homenaxe cultural debe de ter. O libro en cuestión foi editado por primeira vez en 1962, na editorial Galaxia na colección Salnés, pero creo que é de todos coñecido que o movemento de Voces Ceibes e a Nova Canción Galega fixo deste poemario un fito histórico. Aínda corenta anos despois da morte de Celso Emilio, os seus poemas seguen sendo de grande utilidade e actualidade. Contamos coa presencia de Mini Rivas, Xan López e Tino Baz dende unha videochamada, así como recitadores e recitadoras tan excelentes coma os nenos/as do colexio de Nigrán Humberto Juanes, rapazada do IES Val Miñor acompañadas do seu profe Iago Castro, Marta Dacosta, Carme Xiráldez, ...

O porvir da lingua galega

  Lendo o libro coordinado polo profesor Fernando Ramallo A lingua en 2050, formulasenos unha cuestión irrenunciable para todo pobo cunha lingua minoritaria e minorizada: existirá o galego nun futuro predecible? Poderá gozar o galego de boa saúde ? Poderá ser a literatura galega un alicerce de achegamento de novos falantes para a nosa lingua? Estas tres preguntas son fundamentais para valorar o que estamos a facer pola lingua. Ser futurista neste sentido é algo atrevido, xa que cambiamos de circunstancias como días ten o ano, e poden darse novas realidades, pero axúdanos a ver o que estamos a facer pola causa. Quizais aquí estamos a suspender como sociedade. O proceso de normalización lingüística en Euskal Herria, supuxo por parte da clase política un exercicio de cambio, levándoos a facer de seu o idioma, chegando incluso a usalo na súa propia vida privada, como modelo de exemplaridade. Isto obtivo como resultado que a lingua conseguiu un severo prestixio social e que toda a cida...

Definindo o indefinible

Imaxe
  Artigo publicado na páxina do Bloque Nacionalista Galego de Nigrán por este mesmo servidor. O domingo, milleiros de simpatizantes e afiliados, reunímonos na Coruña nunha especie de cónclave para decidir o futuro do BNG. Un cónclave que, en vez de fumes brancos, houbo fumes violetas con letra de M de muller. O único que saco de conclusión da Asemblea de onte é que hai equipo e hai unha capitana que é, dende o punto de vista da definición lingüística e psicolóxica indefiníbel, debido a que a polifacetismo está presente ao longo da súa estadía na organización. Unha deputada que pasou de ser desapercibida a ser a mellor líder da historia do BNG. Unha muller nacida na Galicia profunda de Sarria, na parroquia de Chorente, que ten a confianza dos galegos e das galegas. Sí, señores, señoras e varóns machistas, estou a falar de Ana Pontón, unha boa matadora contra as políticas dos recortes, unha gran loitadora desta Terra e sobretodo unha gran boxeadora contra as machistadas dalgúns que s...

40 anos do Bloque Nacionalista Galego

Durante o pasado mes de setembro, en todas as localidades do país estivemos celebrando o 40 aniversario da organización nacionalista da Galiza. Unha conmemoración chea de ilusorios e no mellor momento da historia política do nacionalismo galego. No Congreso dos Deputados seguimos mantendo esa representación parlamentar, 19 escanos no Parlamento Galego (superando os 18 escanos de Beiras), e cunha gran presenza a nivel social e provincial.  Gústame escoitar en palabras da miña mestra Teté, militante fundacional do BNG, cómo foron aqueles anos de intenso traballo de constitución. Somos herdeiros e herdeiras desa historia nacente que costou implantar e consolidar na sociedade galega e creo que foi un gran acerto crear a marca Bloque para o nacionalismo galego. Tiven a sorte de escoitar moitas máis historias, pero quédome con esta por seren a que máis influíu na miña vida persoal. Como valoracións iniciais que fago deste ano e dous meses de militancia, direi que síntome moi cómodo nesta...

Pilar García Negro: "Murguía captou desde o primeiro momento o papel superior da estética e das capacidades da súa muller."

Imaxe
  Pilar García Negro naceu en Lugo en 1953. Actualmente é profesora honoraria da Universidade da Coruña e foi deputada do Parlamento Galego e unha das grandes estudosas da literatura galega cun amplo abano de publicacións.  Fai un mes púxenme en contacto con ela co obxectivo de abrir unha sección de entrevistas neste blogue con persoeiros que influíron na lingua e na política da Galiza. Quero agradecerlle públicamente o seu interese por responder a estes inquéritos e espero que esta entrevista sexa do voso agrado. Celebramos este ano   o día de Rosalía de Castro por primeira vez dun xeito oficial. Por qué é importante celebrar a Rosalía dende as institucións? Realmente, o que se celebrou este ano por primeira vez é un cambio de data, do 24 ao 23 de Febreiro, pois está demostrado que foi este o día en que naceu, o 23, sendo o 24 o do seu baptismo (de aí a confusión). A data foi sempre celebrada polas asociacións culturais galegas, a AS-PG, a AELG e moitos centros do ensi...

O machismo en Pondal. Poemas

 A visión da muller está conformada por dúas vertentes. A primeira é unha muller idealizada propia dos escritores clásicos. Recórdame bastante aos poemas do Ars amandi de Ovidio ou as Odas e Epodos de Horacio en canto non existe unha persoa, senón que parece coma que o amor é un ideal. No segundo caso, entroncámonos coa violencia argumental. Hai poemas como Pilleina antros pinos soa que evoca a violación no sentido estricto da palabra. Aquí tedes unha selecta escolma desta tipoloxía de poemas: Pilleina antr´os pinos soa, alba de medo tornou; quijo fugir, mais non pudo, que sabe que peixe eu son. Rogárame de rodillas, de rodillas me rogou; tembrou comoa vara verde qu´estremece a virazón. Cal quen teme ser oída, dixo: "Pïdocho por Dios...¡ "Estás fresca -lle contesto-, vente a min con oracións¡ Non solta nunca o raposo a galiña que pillou,astra zugarlle o mel todo non solta a fror o abellón, nin a branca e doce pomba larga o montesío azor" Aquela miña leda compañeira, Pr...

Campana de Anllóns. Eduardo Pondal

 O presente poema ten como un aspecto naturalista. O celtismo é un dos aspectos fundamentais deste autor. E ti, campana de Anllóns, que vagamente tocando derramas nos corazóns un bálsamo triste e brando, de pasadas ilusións. Alá nos pasados ventos primeiros da miña vida, oio os teus vagos concertos, reló dos tristes momentos da miña patria querida. ¡Cantas veces te lembrou o que marchou para a guerra, cando á súa nai deixou, e partindo a extraña terra de Baneira de escoitou! ¡Cantas do mar africano, cautivo bergantiñán, oio nun soño tirano o teu tocar soberano, aló nas tardes do vran! Cando te sinto tocar, campana de Anllóns doente, nunha noite de luar… rompo triste a suspirar, por cousas dun mal ausente. Cando doída tocabas polas tardes á oración, campana, sempre falabas palabras con que cortabas as cordas do corazón. Estabas contando ós ventos cousas do meu mal presente, os meus futuros tormentos, que dabas cos sentimentos según tocabas doente. Campana, se polo vran ves lumiar na...

Homenaxe en Nigrán a Bernardino Graña

Imaxe
 A Real Academia Galega convoca hoxe ás 17:00 da tarde no salón de actos do Concello de Nigrán, un acto homenaxe a Bernardino Graña. Académico, escritor da xeración dos 50, Graña naceu en Cangas do Morrazo en 1932 e reside actualmente na residencia de maiores Stella Maris da Madorra-Panxón. Entre elas podemos destacar   Non vexo Vigo nin Cangas (1975)  O gaiteiro e o Rato Pérez (1994,  premio Merlín ) ou   Protoevanxeo do Neto de Herodes (2006) Premio Eixo Atlántico.  O acto contará cunha laudatio do profesor Alonso Montero ao homenaxeado, xunto coas intervencións do presidente Victor F. Freixanes, do alcalde de Nigrán, Marilar Aleixandre, Ana Romaní, Navia e Rosalía Franco Barreiro (fillas de Xosé Luís Franco Grande), Marta Dacosta, Elvira Ribeiro, Ramón Lorenzo, Miro Villar, etc.

Os Pinos

Imaxe
 Os Pinos é o poema do himno galego. Pertence ao libro Queixume dos Pinos , e foi un dos poemas engadidos ao longo das edicións.Consta de dez estrofas, as catro primeiras son o Himno de Galicia, adoptado formalmente en 1981 coa aprobación do Estatuto de Autonomía. Púxolle música Pascual Veiga  (1842-1906).  O poema está escrito en oitava italiana de versos heptasílabos. Abunda a prosopea e a indosincrasia. O himno é froito dunha conversa entre o compositor e o propio Pondal en 1890. O primeiro borrador recibe o título de Breogán. Pascual Veiga solicita cambios na acentuación para poder adaptalo ao ritmo musical.  O texto definitivo preséntase o 22 de maio de 1890 no certame organizado polo Orfeón nº 4 da Coruña. Non se chegou a interpretar a peza. A consideración de himno fíxose en 1907 cando os emigrantes da Habana empezaron a cantalo en actos rexionalistas e agraristas, tomando popularidade fronte ao Himno de la Acción  Gallega .  Durante a ditadura de Pr...

PÁXINA RECOMENDADA PARA PRÁCTICA DE EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA.

Imaxe
 Neste blogue tratamos moitas veces aspectos culturais e literarios que temos o deber de coñecer e de divulgar. Pero tamén debemos de coñecer a nosa lingua como fonte principal de cultura e de supervivencia da mesma. Nesta web non imos a abarcar todos os temas lingüísticos, senón que ímonos centrar básicamente nos literarios, porque considero que xa existen sitios webs preparados e actualizados para afondar este tema. Como puidechedes ver, non estou seguindo unha liña cronolóxica, senón temáticas alleas por gustos persoais, pero o obxectivo principal é abordar toda a literatura galega neste sitio web. A páxina web que eu aconsello é ogalego.eu , unha web dirixida polos profesores Anxo González Guerra e Vitoria Ogando, catedráticos xubilados de galego, que traballaron durante moitos anos neste eido. Alí teredes: Exercicios de lingua galega con explicación teórica. Exames de ABAU e solucións para selectividade. Lecturas en galego recomendadas incluso para maiores de 18 anos. Pseudón...

Eduardo Pondal

Imaxe
 Naceu en Ponteceso, provincia da Coruña, no ano 1835 e morreu na cidade herculina en 1917. Durante toda a súa biografía cantor da paisaxe nacional galega. É de familia acomodada, e a orixe familiar ñe a que subxace a percepción do bardo. Tras estudar gramática latina co crego da parroquia, Pondal instálase na cidade compostelá e formará parte do Liceo de la Juventud, tendo unha participación activa no Banquete de Conxo. A súa vida será un ir e vir a Coruña e Betanzos, onde participará nas reunións da Cova Céltiga que reunía aos grandes rexionalistas da época: Eladio Rodríguez González, Murguía, Lugrís Freire, Galo Salinas,etc. Habería que esperar unhas décadas ata a fundación do Partido Galeguista e as Irmandades, para que o nacionalismo tivese grande presencia na sociedade. Nesta tertulia foi onde se elaborou todo o entramado teórico-ideolóxico no que asentou a definición canónica da nación galega, que segundo eles nacería coa instalación en Galiza dos celtas. Un dos principais l...