Os Pinos
Os Pinos é o poema do himno galego. Pertence ao libro Queixume dos Pinos, e foi un dos poemas engadidos ao longo das edicións.Consta de dez estrofas, as catro primeiras son o Himno de Galicia, adoptado formalmente en 1981 coa aprobación do Estatuto de Autonomía. Púxolle música Pascual Veiga (1842-1906).
O poema está escrito en oitava italiana de versos heptasílabos. Abunda a prosopea e a indosincrasia.
O himno é froito dunha conversa entre o compositor e o propio Pondal en 1890. O primeiro borrador recibe o título de Breogán. Pascual Veiga solicita cambios na acentuación para poder adaptalo ao ritmo musical.
O texto definitivo preséntase o 22 de maio de 1890 no certame organizado polo Orfeón nº 4 da Coruña. Non se chegou a interpretar a peza.
A consideración de himno fíxose en 1907 cando os emigrantes da Habana empezaron a cantalo en actos rexionalistas e agraristas, tomando popularidade fronte ao Himno de la Acción Gallega.
Durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas americanas mostran interés por difundilo. Durante a Segunda República, consegue un certo grao de recoñecemento, pero non chegou a considerarse o himno oficial de Galicia.
A partires de 1975, no seo dunha ditadura franquista que prohibiu a cultura, coincidindo coa celebración do Apóstolo, na Praza da Quintana a xente comezaba a poñerse de pé ao entoar esta peza. En 1981 recoñécese como himno de Galicia.
Por uns erros de transcrición feita ao longo dos anos e que se ve reflexada na lei de símbolos de 1984, o himno que se canta non é a versión oficial de Pondal. Varias investigacións de Pilar García Negro e Manuel Ferreiro inciden na importancia da restauración dos símbolos nacionais e da súa dignificación. Por todo isto, en Vía Galega fíxose unha campaña de concienciación sobre os nosos símbolos nacionais coa letra restaurada do himno, tal e como o propio bardo escribiu.
Himno oficial coa letra restaurada |
|
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.