40 anos do Bloque Nacionalista Galego
Durante o pasado mes de setembro, en todas as localidades do país estivemos celebrando o 40 aniversario da organización nacionalista da Galiza. Unha conmemoración chea de ilusorios e no mellor momento da historia política do nacionalismo galego. No Congreso dos Deputados seguimos mantendo esa representación parlamentar, 19 escanos no Parlamento Galego (superando os 18 escanos de Beiras), e cunha gran presenza a nivel social e provincial.
Gústame escoitar en palabras da miña mestra Teté, militante fundacional do BNG, cómo foron aqueles anos de intenso traballo de constitución. Somos herdeiros e herdeiras desa historia nacente que costou implantar e consolidar na sociedade galega e creo que foi un gran acerto crear a marca Bloque para o nacionalismo galego. Tiven a sorte de escoitar moitas máis historias, pero quédome con esta por seren a que máis influíu na miña vida persoal.
Como valoracións iniciais que fago deste ano e dous meses de militancia, direi que síntome moi cómodo nesta organización política. Podemos mellorar moitas cousas, pero creo que a esencia é moi positiva. Temos que seguir traballando a prol da nosa Terra, sempre en conexión coa xente, estando presentes na vida social de cada localidade e recuncho do país. Así, conseguiremos ensanchar a base social do BNG tal e como propuxémonos na Asemblea Nacional da Coruña.
Neste período da miña vida, coñecín moitos recunchos e concellos que non coñecía de antes e tamén entrei en colectivos culturais como Lucenza-Ateneo de Nigrán, xa que consideraba que a entrada na política debía ir acompañado dun profundo coñecemento cultural e da vida de Nigrán, profundizando na historia e falando coa súa xente, colaboro na organización de actos culturais importantes.
Simplemente, desexo formar parte doutros corenta anos máis, para seguir aportando ao país coma o fago agora.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.