Homenaxe en Nigrán a Bernardino Graña

 A Real Academia Galega convoca hoxe ás 17:00 da tarde no salón de actos do Concello de Nigrán, un acto homenaxe a Bernardino Graña. Académico, escritor da xeración dos 50, Graña naceu en Cangas do Morrazo en 1932 e reside actualmente na residencia de maiores Stella Maris da Madorra-Panxón. Entre elas podemos destacar  Non vexo Vigo nin Cangas (1975) O gaiteiro e o Rato Pérez (1994, premio Merlín) ou  Protoevanxeo do Neto de Herodes (2006) Premio Eixo Atlántico. 

O acto contará cunha laudatio do profesor Alonso Montero ao homenaxeado, xunto coas intervencións do presidente Victor F. Freixanes, do alcalde de Nigrán, Marilar Aleixandre, Ana Romaní, Navia e Rosalía Franco Barreiro (fillas de Xosé Luís Franco Grande), Marta Dacosta, Elvira Ribeiro, Ramón Lorenzo, Miro Villar, etc.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega