Crónica da homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O pasado venres 14 de outubro, a asociación Lucenza en colaboración co Concello de Nigrán e a Fundación Celso Emilio Ferreiro, celebramos con moita ilusión unha homenaxe a este grande escritor ourensán e a súa obra Longa noite polo sesenta aniversario. A homenaxe estivo cargada de momentos emotivos e tiña todos os elementos que toda homenaxe cultural debe de ter.
O libro en cuestión foi editado por primeira vez en 1962, na editorial Galaxia na colección Salnés, pero creo que é de todos coñecido que o movemento de Voces Ceibes e a Nova Canción Galega fixo deste poemario un fito histórico. Aínda corenta anos despois da morte de Celso Emilio, os seus poemas seguen sendo de grande utilidade e actualidade.
Contamos coa presencia de Mini Rivas, Xan López e Tino Baz dende unha videochamada, así como recitadores e recitadoras tan excelentes coma os nenos/as do colexio de Nigrán Humberto Juanes, rapazada do IES Val Miñor acompañadas do seu profe Iago Castro, Marta Dacosta, Carme Xiráldez, así como as palabras de Pepe Cáccamo e a filla do escritor Isabel Ferreiro.
Rematamos cunhas palabras de despedida que quedaron para o recordo de todos/as.
Deíxovos o enlace á paxina de Lucenza para que visualicedes todas as imaxes e vídeos do acto.
Máis o lume que alampea, xamais o veredes morto.
https://www.facebook.com/lucenzaateneonigran
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.