PÁXINA RECOMENDADA PARA PRÁCTICA DE EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA.

 Neste blogue tratamos moitas veces aspectos culturais e literarios que temos o deber de coñecer e de divulgar. Pero tamén debemos de coñecer a nosa lingua como fonte principal de cultura e de supervivencia da mesma. Nesta web non imos a abarcar todos os temas lingüísticos, senón que ímonos centrar básicamente nos literarios, porque considero que xa existen sitios webs preparados e actualizados para afondar este tema.

Como puidechedes ver, non estou seguindo unha liña cronolóxica, senón temáticas alleas por gustos persoais, pero o obxectivo principal é abordar toda a literatura galega neste sitio web.

A páxina web que eu aconsello é ogalego.eu , unha web dirixida polos profesores Anxo González Guerra e Vitoria Ogando, catedráticos xubilados de galego, que traballaron durante moitos anos neste eido.

Alí teredes:

  • Exercicios de lingua galega con explicación teórica.
  • Exames de ABAU e solucións para selectividade.
  • Lecturas en galego recomendadas incluso para maiores de 18 anos.
  • Pseudónimos.
  • Textos literarios comentados.
  • 200 cantigas populares galegas.
  • E moitos recursos de vídeo.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega