Eduardo Pondal
Naceu en Ponteceso, provincia da Coruña, no ano 1835 e morreu na cidade herculina en 1917. Durante toda a súa biografía cantor da paisaxe nacional galega. É de familia acomodada, e a orixe familiar ñe a que subxace a percepción do bardo.
Tras estudar gramática latina co crego da parroquia, Pondal instálase na cidade compostelá e formará parte do Liceo de la Juventud, tendo unha participación activa no Banquete de Conxo. A súa vida será un ir e vir a Coruña e Betanzos, onde participará nas reunións da Cova Céltiga que reunía aos grandes rexionalistas da época: Eladio Rodríguez González, Murguía, Lugrís Freire, Galo Salinas,etc. Habería que esperar unhas décadas ata a fundación do Partido Galeguista e as Irmandades, para que o nacionalismo tivese grande presencia na sociedade.
Nesta tertulia foi onde se elaborou todo o entramado teórico-ideolóxico no que asentou a definición canónica da nación galega, que segundo eles nacería coa instalación en Galiza dos celtas.
Un dos principais libros inspiradores tanto de Pondal como Murguía é o Lebor Gabala Erenn (Libro das invasións) unha antiga lenda que narra a primitiva historia de Irlanda e que chegou ata nós nun manuscrito gaélico do século XII, Breogán foi un caudillo feniano que conseguira porlle o ramo á tarefa iniciada polo seu pai, Brath, de conquistar a terra galega. Trala morte do seu fillo Ith, despois de divisar un faro alto (podería ser a Torre de Hércules), os seus súbditos vengan á súa morte, onde se asentarían definitivamente e se proclamarían vencedores. Deste xeito, se lexitima a orixe céltica de Galicia. Unha gran referencia a isto atopámola no himno galego. Outro dos poetas referenciais de Pondal é Camões.
Un dos seus primeiros libros é Rumores de los pinos (1877). Foi o principio do bardismo pondaliano. É un libro escrito profundamente en castelán. O segundo libro é Queixume dos pinos, un libro que obriga a unha reestructuración formal, ortográfica, e mesmo no léxico.
Ata aquí, podemos dicir que Pondal utiliza un estilo sumamente cultísimo, con moitas fontes literarias, chegando incluso a citar aos clásicos como o Ars poetica de Ovidio, Dante Alighieri, Virxilio, etc. e intenta tamén depurar de enxebrismos e utilización de formas cultas.
O ossianismo en Pondal tamén se reflexa na súa obra. Este movemento tivo repercusión en Europa durante máis dun século, en concreto dende que en 1760 o mestre escocés James Macpherson publicara un libro chamado Fragmestos de poesía antiga recollidos nas terras altas de Escocia e traducidos da lingua gaélica, atribuído a un bardo escocés do século III, Ossián. En realidade, o que fixo este profesor foi unha longa investigación e recuperación de textos da tradición oral entre os séculos XII e XVII. Tivo moita repercusión da crítica da época.
Os Eoas é o segundo libro máis importante de Pondal e reflexa claramente as ideas e a evolución da Cova Céltiga, pero tamén exerde un papel eloxiador ata Colón.
Algúns dos rasgos persoais da poesía pondaliana son as seguintes a oposición simbólica masculino/feminino e ás súas connotacións, hoxe chamaríamolo masculino hexemónico, a natureza, chegando a ser fonte de inspiración divina do bardo, a figura deste como líder dun pobo, derivado tamén da súa condición aristocrática.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.