Publicacións

O machismo en Pondal. Poemas

 A visión da muller está conformada por dúas vertentes. A primeira é unha muller idealizada propia dos escritores clásicos. Recórdame bastante aos poemas do Ars amandi de Ovidio ou as Odas e Epodos de Horacio en canto non existe unha persoa, senón que parece coma que o amor é un ideal. No segundo caso, entroncámonos coa violencia argumental. Hai poemas como Pilleina antros pinos soa que evoca a violación no sentido estricto da palabra. Aquí tedes unha selecta escolma desta tipoloxía de poemas: Pilleina antr´os pinos soa, alba de medo tornou; quijo fugir, mais non pudo, que sabe que peixe eu son. Rogárame de rodillas, de rodillas me rogou; tembrou comoa vara verde qu´estremece a virazón. Cal quen teme ser oída, dixo: "Pïdocho por Dios...¡ "Estás fresca -lle contesto-, vente a min con oracións¡ Non solta nunca o raposo a galiña que pillou,astra zugarlle o mel todo non solta a fror o abellón, nin a branca e doce pomba larga o montesío azor" Aquela miña leda compañeira, Pr...

Campana de Anllóns. Eduardo Pondal

 O presente poema ten como un aspecto naturalista. O celtismo é un dos aspectos fundamentais deste autor. E ti, campana de Anllóns, que vagamente tocando derramas nos corazóns un bálsamo triste e brando, de pasadas ilusións. Alá nos pasados ventos primeiros da miña vida, oio os teus vagos concertos, reló dos tristes momentos da miña patria querida. ¡Cantas veces te lembrou o que marchou para a guerra, cando á súa nai deixou, e partindo a extraña terra de Baneira de escoitou! ¡Cantas do mar africano, cautivo bergantiñán, oio nun soño tirano o teu tocar soberano, aló nas tardes do vran! Cando te sinto tocar, campana de Anllóns doente, nunha noite de luar… rompo triste a suspirar, por cousas dun mal ausente. Cando doída tocabas polas tardes á oración, campana, sempre falabas palabras con que cortabas as cordas do corazón. Estabas contando ós ventos cousas do meu mal presente, os meus futuros tormentos, que dabas cos sentimentos según tocabas doente. Campana, se polo vran ves lumiar na...

Homenaxe en Nigrán a Bernardino Graña

Imaxe
 A Real Academia Galega convoca hoxe ás 17:00 da tarde no salón de actos do Concello de Nigrán, un acto homenaxe a Bernardino Graña. Académico, escritor da xeración dos 50, Graña naceu en Cangas do Morrazo en 1932 e reside actualmente na residencia de maiores Stella Maris da Madorra-Panxón. Entre elas podemos destacar   Non vexo Vigo nin Cangas (1975)  O gaiteiro e o Rato Pérez (1994,  premio Merlín ) ou   Protoevanxeo do Neto de Herodes (2006) Premio Eixo Atlántico.  O acto contará cunha laudatio do profesor Alonso Montero ao homenaxeado, xunto coas intervencións do presidente Victor F. Freixanes, do alcalde de Nigrán, Marilar Aleixandre, Ana Romaní, Navia e Rosalía Franco Barreiro (fillas de Xosé Luís Franco Grande), Marta Dacosta, Elvira Ribeiro, Ramón Lorenzo, Miro Villar, etc.

Os Pinos

Imaxe
 Os Pinos é o poema do himno galego. Pertence ao libro Queixume dos Pinos , e foi un dos poemas engadidos ao longo das edicións.Consta de dez estrofas, as catro primeiras son o Himno de Galicia, adoptado formalmente en 1981 coa aprobación do Estatuto de Autonomía. Púxolle música Pascual Veiga  (1842-1906).  O poema está escrito en oitava italiana de versos heptasílabos. Abunda a prosopea e a indosincrasia. O himno é froito dunha conversa entre o compositor e o propio Pondal en 1890. O primeiro borrador recibe o título de Breogán. Pascual Veiga solicita cambios na acentuación para poder adaptalo ao ritmo musical.  O texto definitivo preséntase o 22 de maio de 1890 no certame organizado polo Orfeón nº 4 da Coruña. Non se chegou a interpretar a peza. A consideración de himno fíxose en 1907 cando os emigrantes da Habana empezaron a cantalo en actos rexionalistas e agraristas, tomando popularidade fronte ao Himno de la Acción  Gallega .  Durante a ditadura de Pr...

PÁXINA RECOMENDADA PARA PRÁCTICA DE EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA.

Imaxe
 Neste blogue tratamos moitas veces aspectos culturais e literarios que temos o deber de coñecer e de divulgar. Pero tamén debemos de coñecer a nosa lingua como fonte principal de cultura e de supervivencia da mesma. Nesta web non imos a abarcar todos os temas lingüísticos, senón que ímonos centrar básicamente nos literarios, porque considero que xa existen sitios webs preparados e actualizados para afondar este tema. Como puidechedes ver, non estou seguindo unha liña cronolóxica, senón temáticas alleas por gustos persoais, pero o obxectivo principal é abordar toda a literatura galega neste sitio web. A páxina web que eu aconsello é ogalego.eu , unha web dirixida polos profesores Anxo González Guerra e Vitoria Ogando, catedráticos xubilados de galego, que traballaron durante moitos anos neste eido. Alí teredes: Exercicios de lingua galega con explicación teórica. Exames de ABAU e solucións para selectividade. Lecturas en galego recomendadas incluso para maiores de 18 anos. Pseudón...

Eduardo Pondal

Imaxe
 Naceu en Ponteceso, provincia da Coruña, no ano 1835 e morreu na cidade herculina en 1917. Durante toda a súa biografía cantor da paisaxe nacional galega. É de familia acomodada, e a orixe familiar ñe a que subxace a percepción do bardo. Tras estudar gramática latina co crego da parroquia, Pondal instálase na cidade compostelá e formará parte do Liceo de la Juventud, tendo unha participación activa no Banquete de Conxo. A súa vida será un ir e vir a Coruña e Betanzos, onde participará nas reunións da Cova Céltiga que reunía aos grandes rexionalistas da época: Eladio Rodríguez González, Murguía, Lugrís Freire, Galo Salinas,etc. Habería que esperar unhas décadas ata a fundación do Partido Galeguista e as Irmandades, para que o nacionalismo tivese grande presencia na sociedade. Nesta tertulia foi onde se elaborou todo o entramado teórico-ideolóxico no que asentou a definición canónica da nación galega, que segundo eles nacería coa instalación en Galiza dos celtas. Un dos principais l...

Manifesto do 8-M.

Imaxe
  Comparto o manifesto publicado por Galegas 8-M. Adxunto tamén ás convocatorias das folgas deste martes. NIN ESCRAVAS NIN HEROÍNAS, MULLERES CON DEREITOS XA! Hoxe, como todos os 8 de marzo, estamos aquí, en pé de loita, para bater no chan con todas as mulleres do mundo e facer tremer a terra! Porque as mulleres sustentamos a vida como coidadoras, educadoras e traballadoras domésticas non remuneradas mentres o capital nos paga todo este traballo con violencias. Mais nós queremos vidas dignas de ser vividas e libres de todo tipo de violencias! que a vida sexa vivíbel para todEs, sostida por todEs e asumida polo conxunto da sociedade. Porque non queremos ter que discutir se a fenda salarial real entre homes e mulleres é do 19, do 23, 34 ou 45%. Porque as duplas xornadas non se erradican con declaracións nin con leis ditadas polos señores do capitalismo. Porque as mulleres máis novas están condenadas ao traballo escravista, parcial e precario, á exclusión social e á pobreza; e as maio...

Día de Rosalía de Castro 2022.

Imaxe
 O día de Rosalía de Castro celebrouse dende o ano 2010 con motivo de conmemorar e celebrar a nosa Rosalía. Este ano contamos con dúas particularidades especiais : por primeira vez celebramos a conmemoración de xeito oficial e institucional e o adiantamento da data de celebración. A investigadora Sagrario Abelleira descubriu que a verdadeira data de nacemento de Rosalía foi o día 23 e non o 24 de febreiro. Apareceu no expediente matrimonial de Rosalía con Murguía unha declaración notarial da nai de Rosalía na que se asegura que a data de nacemento foi o 23. Por tal motivo, cambiouse a data da celebración deste día tan simbólico.   Como xa dixen antes, este ano celebrouse despois de tantos anos de loita, por primeira vez e de maneira oficial esta data. Institucións, corporacións municipais, deputacións provinciais, escolas e movementos asociativos celebramos este día con total ledicia. E xa para rematar, a Fundación Rosalía de Castro, impulsora e principal motor da homenax...

Follas Novas I. Soia

 Rosalía en Follas Novas fai unha simboloxía da tristeza. Namentres en Cantares, a voz poética déixaselle en mans dunha nena, aquí é a propia Rosalía quen se expresa, quen se manifesta. Cando Rosalía escribe este libro está no período final da súa existencia vital, polo que o intimismo vive pola súa presencia. Neste poema maniféstase dunha maneira moi claramente. Eran craro-los días, risoña-las mañáns, i era a tristeza súa negra coma a orfandá. Íñase á mañecida, tornaba coa serán...; mais que fora ou viñera ninguén llo iña a esculcar. Tomóu un día leve camiño do areal... Como naide a esperaba, ela non tornóu máis. Ó cabo dos tres días, botóuna fora o mar, i alí onde o corvo pousa, soia enterrada está.

Cantares VIII. Miña santiña, miña santasa.

 Este poema é unha conversa entre unha santa e unha costureira. A costureira pretende que a santa lle ensine a bailar a muiñeira e a santa non quere ensinarlle e mostra os valores morais da Igrexa. Ao final, esta costureira insulta a santa dunha maneira moi peculiar.  Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa:    hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar;    hei de emprestarcho, cara bonita, si me deprendes a puntear.    -Costureiriña comprimenteira, sacha no campo, malla na eira,    lava no río, vai apañar toxiños secos antre o pinar.    Así a meniña traballadora os punteados deprende ora.    -Miña Santiña, mal me quixere quen me aconsella que tal fixere.    Mans de señora, mans de fidalgueiras teñen todiñas as costureiras;    bocas de reina, corpo de dama, cómprelle a seda, foxen da lama.    -¡Ai, rapaciña! ti te-lo teo: ¡seda as que dormen antre ...