Follas Novas I. Soia

 Rosalía en Follas Novas fai unha simboloxía da tristeza. Namentres en Cantares, a voz poética déixaselle en mans dunha nena, aquí é a propia Rosalía quen se expresa, quen se manifesta. Cando Rosalía escribe este libro está no período final da súa existencia vital, polo que o intimismo vive pola súa presencia. Neste poema maniféstase dunha maneira moi claramente.

Eran craro-los días,
risoña-las mañáns,
i era a tristeza súa
negra coma a orfandá.

Íñase á mañecida,
tornaba coa serán...;
mais que fora ou viñera
ninguén llo iña a esculcar.

Tomóu un día leve
camiño do areal...
Como naide a esperaba,
ela non tornóu máis.

Ó cabo dos tres días,
botóuna fora o mar,
i alí onde o corvo pousa,
soia enterrada está.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega