Día de Rosalía de Castro 2022.
O día de Rosalía de Castro celebrouse dende o ano 2010 con motivo de conmemorar e celebrar a nosa Rosalía. Este ano contamos con dúas particularidades especiais : por primeira vez celebramos a conmemoración de xeito oficial e institucional e o adiantamento da data de celebración.
A investigadora Sagrario Abelleira descubriu que a verdadeira data de nacemento de Rosalía foi o día 23 e non o 24 de febreiro. Apareceu no expediente matrimonial de Rosalía con Murguía unha declaración notarial da nai de Rosalía na que se asegura que a data de nacemento foi o 23. Por tal motivo, cambiouse a data da celebración deste día tan simbólico.
Como xa dixen antes, este ano celebrouse despois de tantos anos de loita, por primeira vez e de maneira oficial esta data. Institucións, corporacións municipais, deputacións provinciais, escolas e movementos asociativos celebramos este día con total ledicia.
E xa para rematar, a Fundación Rosalía de Castro, impulsora e principal motor da homenaxe, propuxo unha forma moi singular de celebrar este día que é lendo a súa obra, facendo un caldo e escoitando a alborada.
E xa para rematar, imos a escoitala interpretada con gaitas:
https://www.youtube.com/watch?v=cc3ZMQSh_3k
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.