Publicacións

LIEDERS

Rosalía de Castro deixounos moito material para a análise e a profundización.  Coma ben dixemos fai certo tempo, a máis grande das nosas letras tamén deixou pegada na literatura castelá. Escribiu nesta lingua obras como En las orillas del Sar, Las literatas, Flavio, A mi madre, La hija del mar ou Lieders. Este precioso manifesto xorde dunha petición feita en 1858 por Benito Vicetto. Este home escribiulle a Murguía para pedirlle amablemente que cantase a santa liberdade do pobo galego e abofé que o fixo.  A xoven autora está a elaborar o seu primeiro documento de identidade, por certo no mesmo ano en que casa con Murguía, unha especie de aviso a navegantes coa contundencia que caracterizou a nosa propia escritora. O diario El Miño será o destino deste breve manifesto feminista, periódico dirixido entre outras persoas por Juan Compañel, editor de Cantares, como Alejandro Chao, membro dunha das familias máis importantes da historia de Vigo. Grazas ao arquivo que os Chao gardan en...

A VOLTAS COA NEGRA SOMBRA. ARTIGO DE PILAR GARCÍA NEGRO NA VOZ DE GALICIA

Imaxe
 Comparto un dos artigos da gran amiga deste caderno de viaxes Pilar García Negro. O artigo ten como obxectivo desmitificar os mitos acerca da figura de Rosalía de Castro. A autora deunos permiso para compartir o artigo. É u n tópico asentado na mediática galega asociar a negra sombra rosaliana ao fatum , á fatalidade, á desgraza irremediábel, en definitiva. É recurso socorrido, tanto para falar do chapapote do Prestige como de calquera desastre que nos aconteceu ou acontece. Porén, nada disto ten a ver co texto onde tal expresión figura. A orixe cómpre situala no poema de Rosalía de Castro Cando penso que te fuches , que figura —non por casualidade— no medio e medio do libro II de Follas novas , titulado ¡Do íntimo! (no máis abisal da súa intimidade). Como moi a tergo aclarou Carvalho Calero, este poema é o final dunha triloxía que comeza con ¡Mar!, cas túas auguas sin fondo , continúa con Cava lixeiro, cava e finaliza, apoteosicamente, con Cando penso que te fuches . Rosalía d...

Campaña de Vía Galega sobre os símbolos nacionais

 Comparto neste blogue o material de Vía Galega da campaña polos símbolos nacionais de Galiza. https://viagalega.gal/wp-content/uploads/2022/10/CADERNO-OS-SIMBOLOS-DEP-CORUNHA-USB-2.0.pdf  Himno galego coa letra restaurada https://www.youtube.com/watch?v=IFUHHgiyZxQ Himno galego cantado polo Coro Cantares do Brión https://www.youtube.com/watch?v=X_EPFW9WAnE

Diario 1921 de Castelao

Imaxe
  Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 29 de xaneiro de 1889 e morreu en Bos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950. Foi un dos grandes escritores, debuxantes e políticos que deu a Galiza de comezos do século XX. A peripecia vital de Castelao lévalle a vivir unha longa tempada en Pontevedra, xerme do Partido Galeguista en 1931. Estudou a carreira de Mediciña, pero nunca exerceu, como ben dixo él, por complacencia coa humanidade. Unha das grandes obras políticas foi a elaboración e entrega do Estatuto de 1936, pero co estalido da Guerra Civil, quedou sen efecto. A súa grande obra ensaística é o Sempre en Galiza , onde traza as ideas fundamentais do nacionalismo galego: Galiza é unha nación, con cultura propia e debemos de apostar por unha autonomía de país, tamén como bo caricaturista da vida publicou Cousas , un libro acompañado por retratos feitos por él que nos pretende amosar a realidade da vida cotiá galega ou Os dous de sempre , na que fai unha historia de do...

Crónica da homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Imaxe
 O pasado venres 14 de outubro, a asociación Lucenza en colaboración co Concello de Nigrán e a Fundación Celso Emilio Ferreiro, celebramos con moita ilusión unha homenaxe a este grande escritor ourensán e a súa obra Longa noite polo sesenta aniversario. A homenaxe estivo cargada de momentos emotivos e tiña todos os elementos que toda homenaxe cultural debe de ter. O libro en cuestión foi editado por primeira vez en 1962, na editorial Galaxia na colección Salnés, pero creo que é de todos coñecido que o movemento de Voces Ceibes e a Nova Canción Galega fixo deste poemario un fito histórico. Aínda corenta anos despois da morte de Celso Emilio, os seus poemas seguen sendo de grande utilidade e actualidade. Contamos coa presencia de Mini Rivas, Xan López e Tino Baz dende unha videochamada, así como recitadores e recitadoras tan excelentes coma os nenos/as do colexio de Nigrán Humberto Juanes, rapazada do IES Val Miñor acompañadas do seu profe Iago Castro, Marta Dacosta, Carme Xiráldez, ...

O porvir da lingua galega

  Lendo o libro coordinado polo profesor Fernando Ramallo A lingua en 2050, formulasenos unha cuestión irrenunciable para todo pobo cunha lingua minoritaria e minorizada: existirá o galego nun futuro predecible? Poderá gozar o galego de boa saúde ? Poderá ser a literatura galega un alicerce de achegamento de novos falantes para a nosa lingua? Estas tres preguntas son fundamentais para valorar o que estamos a facer pola lingua. Ser futurista neste sentido é algo atrevido, xa que cambiamos de circunstancias como días ten o ano, e poden darse novas realidades, pero axúdanos a ver o que estamos a facer pola causa. Quizais aquí estamos a suspender como sociedade. O proceso de normalización lingüística en Euskal Herria, supuxo por parte da clase política un exercicio de cambio, levándoos a facer de seu o idioma, chegando incluso a usalo na súa propia vida privada, como modelo de exemplaridade. Isto obtivo como resultado que a lingua conseguiu un severo prestixio social e que toda a cida...

Definindo o indefinible

Imaxe
  Artigo publicado na páxina do Bloque Nacionalista Galego de Nigrán por este mesmo servidor. O domingo, milleiros de simpatizantes e afiliados, reunímonos na Coruña nunha especie de cónclave para decidir o futuro do BNG. Un cónclave que, en vez de fumes brancos, houbo fumes violetas con letra de M de muller. O único que saco de conclusión da Asemblea de onte é que hai equipo e hai unha capitana que é, dende o punto de vista da definición lingüística e psicolóxica indefiníbel, debido a que a polifacetismo está presente ao longo da súa estadía na organización. Unha deputada que pasou de ser desapercibida a ser a mellor líder da historia do BNG. Unha muller nacida na Galicia profunda de Sarria, na parroquia de Chorente, que ten a confianza dos galegos e das galegas. Sí, señores, señoras e varóns machistas, estou a falar de Ana Pontón, unha boa matadora contra as políticas dos recortes, unha gran loitadora desta Terra e sobretodo unha gran boxeadora contra as machistadas dalgúns que s...

40 anos do Bloque Nacionalista Galego

Durante o pasado mes de setembro, en todas as localidades do país estivemos celebrando o 40 aniversario da organización nacionalista da Galiza. Unha conmemoración chea de ilusorios e no mellor momento da historia política do nacionalismo galego. No Congreso dos Deputados seguimos mantendo esa representación parlamentar, 19 escanos no Parlamento Galego (superando os 18 escanos de Beiras), e cunha gran presenza a nivel social e provincial.  Gústame escoitar en palabras da miña mestra Teté, militante fundacional do BNG, cómo foron aqueles anos de intenso traballo de constitución. Somos herdeiros e herdeiras desa historia nacente que costou implantar e consolidar na sociedade galega e creo que foi un gran acerto crear a marca Bloque para o nacionalismo galego. Tiven a sorte de escoitar moitas máis historias, pero quédome con esta por seren a que máis influíu na miña vida persoal. Como valoracións iniciais que fago deste ano e dous meses de militancia, direi que síntome moi cómodo nesta...

Pilar García Negro: "Murguía captou desde o primeiro momento o papel superior da estética e das capacidades da súa muller."

Imaxe
  Pilar García Negro naceu en Lugo en 1953. Actualmente é profesora honoraria da Universidade da Coruña e foi deputada do Parlamento Galego e unha das grandes estudosas da literatura galega cun amplo abano de publicacións.  Fai un mes púxenme en contacto con ela co obxectivo de abrir unha sección de entrevistas neste blogue con persoeiros que influíron na lingua e na política da Galiza. Quero agradecerlle públicamente o seu interese por responder a estes inquéritos e espero que esta entrevista sexa do voso agrado. Celebramos este ano   o día de Rosalía de Castro por primeira vez dun xeito oficial. Por qué é importante celebrar a Rosalía dende as institucións? Realmente, o que se celebrou este ano por primeira vez é un cambio de data, do 24 ao 23 de Febreiro, pois está demostrado que foi este o día en que naceu, o 23, sendo o 24 o do seu baptismo (de aí a confusión). A data foi sempre celebrada polas asociacións culturais galegas, a AS-PG, a AELG e moitos centros do ensi...

O machismo en Pondal. Poemas

 A visión da muller está conformada por dúas vertentes. A primeira é unha muller idealizada propia dos escritores clásicos. Recórdame bastante aos poemas do Ars amandi de Ovidio ou as Odas e Epodos de Horacio en canto non existe unha persoa, senón que parece coma que o amor é un ideal. No segundo caso, entroncámonos coa violencia argumental. Hai poemas como Pilleina antros pinos soa que evoca a violación no sentido estricto da palabra. Aquí tedes unha selecta escolma desta tipoloxía de poemas: Pilleina antr´os pinos soa, alba de medo tornou; quijo fugir, mais non pudo, que sabe que peixe eu son. Rogárame de rodillas, de rodillas me rogou; tembrou comoa vara verde qu´estremece a virazón. Cal quen teme ser oída, dixo: "Pïdocho por Dios...¡ "Estás fresca -lle contesto-, vente a min con oracións¡ Non solta nunca o raposo a galiña que pillou,astra zugarlle o mel todo non solta a fror o abellón, nin a branca e doce pomba larga o montesío azor" Aquela miña leda compañeira, Pr...

Campana de Anllóns. Eduardo Pondal

 O presente poema ten como un aspecto naturalista. O celtismo é un dos aspectos fundamentais deste autor. E ti, campana de Anllóns, que vagamente tocando derramas nos corazóns un bálsamo triste e brando, de pasadas ilusións. Alá nos pasados ventos primeiros da miña vida, oio os teus vagos concertos, reló dos tristes momentos da miña patria querida. ¡Cantas veces te lembrou o que marchou para a guerra, cando á súa nai deixou, e partindo a extraña terra de Baneira de escoitou! ¡Cantas do mar africano, cautivo bergantiñán, oio nun soño tirano o teu tocar soberano, aló nas tardes do vran! Cando te sinto tocar, campana de Anllóns doente, nunha noite de luar… rompo triste a suspirar, por cousas dun mal ausente. Cando doída tocabas polas tardes á oración, campana, sempre falabas palabras con que cortabas as cordas do corazón. Estabas contando ós ventos cousas do meu mal presente, os meus futuros tormentos, que dabas cos sentimentos según tocabas doente. Campana, se polo vran ves lumiar na...