Diario 1921 de Castelao

 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 29 de xaneiro de 1889 e morreu en Bos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950. Foi un dos grandes escritores, debuxantes e políticos que deu a Galiza de comezos do século XX. A peripecia vital de Castelao lévalle a vivir unha longa tempada en Pontevedra, xerme do Partido Galeguista en 1931. Estudou a carreira de Mediciña, pero nunca exerceu, como ben dixo él, por complacencia coa humanidade. Unha das grandes obras políticas foi a elaboración e entrega do Estatuto de 1936, pero co estalido da Guerra Civil, quedou sen efecto. A súa grande obra ensaística é o Sempre en Galiza, onde traza as ideas fundamentais do nacionalismo galego: Galiza é unha nación, con cultura propia e debemos de apostar por unha autonomía de país, tamén como bo caricaturista da vida publicou Cousas , un libro acompañado por retratos feitos por él que nos pretende amosar a realidade da vida cotiá galega ou Os dous de sempre, na que fai unha historia de dous personaxes que son completamente moi dispares: Pedriño e Rañolas. Os seus restos mortais repousan dende 1980 no Panteón de Galegos Ilustres, igrexa de San Domingos de Bonaval, en Compostela.

Miguel Anxo Seixas Seoane fixo unha das maiores biografías de Castelao en catro grandes volumes que tamén recomendo, aínda que faría falla moito tempo para meditar esta peripecia vital que a él lle caracterizou. 

Antes de adentrarnos de cheo na obra, vexamos un pouco a contorna. O contexto de esta obra ven dada por unha viaxe de estudos que Castelao fai en 1921 por diversos países europeos: Francia, Bélxica e Alemaña. Neste libro, Castelao escribe os relatos, as anécdotas daquela etapa vital desta obra, clasificándoas por meses e días. Isto fainos presaxiar que estamos ante un diario, este xénero literario tan relevante coma peculiar. Os diarios literarios afondan profundamente no ser da persoa e no seu momento vital. Castelao está ante un momento formativo que marcoulle ao longo de toda a súa vida. O gran valor literario desta obra virá acompañada dunha aportación gráfica impresionante. Os seus debuxos que retratan un tempo da nosa historia sérvennos para caracterizar a súa sociedade, o dinamismo cultural daquela etapa. Neste caso, os debuxos ilustran visións, imaxes e palabras daquela viaxe. Ademais, móstranos o descubrimento persoal do vangardismo, un movemento cultural moi presente por aquel entonces.  Hai unha nómina impresionante de pintores e debuxantes, que dannos a entender que unha das paradas máis frecuentes foron os museos.

En definitiva, Castelao ademais de ser un gran retratista literario do seu tempo, é unha persoa digna de lectura para coñecer o noso ser e a nosa cultura. Un home renacentista para o nacionalismo galego, xa que elevou a cultura ao seu máximo explendor e emitiu algo que é unha reflexión moi actual: A NATUREZA GALEGA COMA A FONTE DO NOSO SER. 

Déixovos que remate Castelao este caderno de bitácora, ilustrándonos das súas peripecias nesta viaxe cultural que rematará cunha Alba de groria á nosa nación.

"Fun o consultado español. ¡Qué vergonza! Aquilo tén aspecto de cortello de porcos. E ten de verse a xente que por alí pasa deixando os seus cartos... Dous empregados traballan arreo e maltratan dun xeito noxento aos españois. Eu presenciei o seguinte: un obreiro sentouse e púxose a fumar e o empregado máis xove díxolle: "Tire con ese pitillo. ¡Vamos hombre! No hacen sino escupir y fumar"O caso é que o pobre obreiro non cuspira e anque cuspira aquilo é un cortello".

"Dadaísmo. ¿Qué é iso do dadaísmo? Por se algunha vez viñera ás miñas mans algún manifesto desta escola, para que puidese comprendelo, velaí van dous debuxos . (...)

Das tolerías novas teño unha grande escama. Marinetti, italiano; Picasso, catalán; Russell, ianqui; Picabia, cubano. Velaí os pais do futurismo, do cubismo, do sincronismo e do dadaísmo." Castelao, Diario 1921. Editorial Galaxia, 2022



Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega