Publicacións

Qué é a literatura

Nestes meses de verán hei de confesar que non subirei ningún comentario de libros, xa que estou actualizando o meu catálogo, pero quixera compartir con vostedes esta reflexión. O outro día estaba nunha bocatería e estabamos debatendo sobre o estado da lectura e os libros en xeral e ocorréuseme facer a seguinte reflexión: qué é a literatura?, qué son os libros? As respostas poderían ser moi doadas. Sen embargo, se o pensamos tan ben, aínda nos facemos estas preguntas. Empecemos cunha definición moi clara e sinxela. A literatura é a mostra dos gustos e das preocupacións que a xente tén nun momento determinado da súa existencia vital e que está reflexada en cada escritor e en cada libro dunha maneira artística. Poderíamos deixalo así.  A literatura é, polo tanto, un espello onde mirámonos reflexados a través da arte de escribir. Por iso, existen tendencias ou modas e libros que penduran no tempo como clásicos da vida. Porque son esa mostra vital e humana que reflexa o noso ser.  ...

Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de sumisión

Imaxe
Esta obra foi unha das primeiras en saír ao prelo da colección Feminismos da Editorial Galaxia a finais do 2018. Có gallo de facer eco do auxe feminista, Galaxia aposta por facer unha colección adicada a este tema.  Esta obra trata de facer unha análise epistémica do concepto muller e do movemento feminista. Poderíamos catalogala coma un ensaio ao uso, xa que tén unha orde lóxica dos temas e unha relación cadansúa parte do libro. A autora foi unha destacada na política galega. Ocupou o cargo de Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, presidido por Emilio Pérez Touriño (PsdG-PSOE) e Anxo Quintana (BNG). É catedrática de filosofía, membro do Consello da Cultura Galega, e membra do Aula Castelao de filosofía. A xénese da presente obra vén de ser muller. Qué leva ser muller nos tempos de hoxe é a cuestión principal coa que Adán abre a obra, para dar o seu punto de vista ao que temos neste momento. Un dos aspectos máis importante, o cal coincido coa autora, é o tema da...

O meu pecado mortal. O voto feminino máis eu

Imaxe
Corrían os anos da Segunda República. No ano 1930 presentaba a súa dimisión o xeneral Miguel Primo de Rivera ante Afonso XIII. Celebradas unhas eleccións municipais de 1931, se proclama a Segunda República e sobre iso xorde un clamor importante: o voto feminino debía de ser unha realidade, senón non sería unha democracia. Nas eleccións constituíntes da Segunda República sae deputada por Madrid, Dna Clara Campoamor Rodríguez, avogada e primeira muller en exercer a defensa perante o Tribunal Supremo. A discusión sobre o presente voto levoulle a ter un bronco enfrontamento coa Sra. Victoria Kent, deputada socialista, que consideraba que a muller estaba moi influenciada polo home e, principalmente, pola relixión. Votado o artigo constitucional correspondente, convócanse eleccións xerais onde gaña ,entroutros partidos de dereitas, a CEDA de Alejandro Lerroux. Todo o histerismo que xurdiu contra ela do ramo da esquerda foi monumental. Sen embargo, Campoamor,dende o exilio, defenderá que ...

Mulleres que nos dan que pensa

Imaxe
Este artigo ven un pouco retomar a literatura en galego e retomar a temática feminista que moito antes facíase eco neste blogue. O presente e o futuro da nosa contorna tamén ten que ter un recoñecemento para o pasado e para as mulleres do pasado. Todos e todas recordamos grandes escritores, grandes filósofos, grandes figuras da nosa historia, pero esquecémonos daquelas mulleres que tamén fixeron historia non só no mundo senón no día a día. A autora desta obra é África López Souto, catedrática de filosofía do IES Urbano Lugrís da Coruña, foi tamén editora da edición galega da obra de Simone de Beauvoir O segundo sexo editado por Edicións Xerais de Galicia no ano 2007. Nesta obra, a autora non fai unha análise en perspectiva histórica, senón por eixos temáticos, tratando tamén aqueles oficios esquecidos que ocupaban mulleres e que até fai pouco non tiñan nin seguro na Seguridade Social como son palilleiras ou mariscadoras, oficios no Réxime especial do mar. Por ...

Chámame

Imaxe
Últimamente, nas actualizacións do procesador de textos LibreOffice aparecen notiñas no que eles danche uns consellos. Eu lle engadiría a eses consellos, inútiles por certo, a seguinte frase: Sabe vostede que existe machismo no eido da cultura?Sabe vostede que toda escritora viuse nalgunha ocasión insinuada polos seus xefes editores? En fin, todos creemos que na cultura existe un mundo igualitario, que as persoas que forman as Academias ou as editoriais son persoas avanzadísimas no seu tempo… Pero, qué inxenuos somos! A razón do título do presente artigo é para facer unha breve alusión ao título do libro que imos comentar. Chámame señora pero trátame coma un señor é un ensaio ao inusual escrita pola columnista, escritora, profesora e crítica literaria Inma López Silva. E vádesme permitir que faga un breve eloxio persoal cara a escritora e cara a súa obra literaria, xa que está comprometida coa memoria colectiva e histórica deste país, entroutros aspectos. Escrito...

EVANXEOS

Outro dos grandes problemas que gustaríame abordar é o tema da antropoloxía cristiá, as nosas raíces como pensamento e como civilización. Son unha persoa curiosa nese sentido, no sentido da existencia do home . Somos cada un de nós especiais para ese Deus que nos quere e nos ama. Somos especiais para o que nós queremos, pero Deus sempre foi e será especial. A orixe desta palabra é do grego Boa Nova . Son tres os evanxelistas que utilizan a mesma fonte de información, polo tanto, estos tres evanxeos (Marcos, Mateo e Lucas) os consideramos como sinópticos . O outro evanxelista, Xoán, utiliza unha fonte particular e céntrase na vida pública de Cristo e na Paixón do Señor, sendo esta paixón a máis extensa de toda a Biblia. As datas establecidas polos historiadores de escritura dos Evanxeos foron as seguintes: Marcos: ca. 68 – 73. Mateo: ca. 70 – 100 (Algúns autores sitúano nunha data anterior). Lucas: ca 80-100  Xoán: ca. 90-100 Estes textos son unha mostra deste model...

Feminismo e sociedade actual

Imaxe
Caben no pensamento moitas cousas. A máis cercana é a crítica social ou a autocrítica a nós mesmos, o que fai necesario a existencia de grupos sociais que axuden a avanzar en ideas e/ou pensamentos. O Feminismo é un movemento necesario dado a que dánse todas as características sociais que toda asociación social tén que ter para poder existir (razón social, seguimento en número de masas, ideoloxía e pensamento). Polo tanto, o feminismo como tal debe de ser un movemento social que axude en grandes rasgos a conseguir estes obxectivos. Como podemos observar, este fenómeno social de masas viu proliferando a prol de sentencias xudiciais inxustas o que fixo que a idea deste pensamento tiña sentido e era o momento de reivindicalo. É o feminismo un movemento radical ? Sí o é . Radical ven de raíz e polo tanto o feminismo pretende combater dende a raíz, as grandes desigualdades sociais. Nesta breve reflexión invito a que non pensemos cousas vanas sobre este movemento social que existe p...