O meu pecado mortal. O voto feminino máis eu

Corrían os anos da Segunda República. No ano 1930 presentaba a súa dimisión o xeneral Miguel Primo de Rivera ante Afonso XIII. Celebradas unhas eleccións municipais de 1931, se proclama a Segunda República e sobre iso xorde un clamor importante: o voto feminino debía de ser unha realidade, senón non sería unha democracia.

Nas eleccións constituíntes da Segunda República sae deputada por Madrid, Dna Clara Campoamor Rodríguez, avogada e primeira muller en exercer a defensa perante o Tribunal Supremo. A discusión sobre o presente voto levoulle a ter un bronco enfrontamento coa Sra. Victoria Kent, deputada socialista, que consideraba que a muller estaba moi influenciada polo home e, principalmente, pola relixión.

Votado o artigo constitucional correspondente, convócanse eleccións xerais onde gaña ,entroutros partidos de dereitas, a CEDA de Alejandro Lerroux. Todo o histerismo que xurdiu contra ela do ramo da esquerda foi monumental. Sen embargo, Campoamor,dende o exilio, defenderá que a esquerda perdeu as eleccións por erros propios, principalmente a división de partidos naquelas provincias onde había menor número de habitantes.

Solucionado todos estes problemas no ano 1936 onde volve a gañar o bloque esquerdista, aínda así non houbo ningún recoñecemento hacia Campoamor.

Podemos rematar dicindo que a culpa non foi das mulleres, senón de errores propios.

Esta obra, traducida pola Editorial Galaxia, recolle todo este tempo de discursos e recordos dunha política que non tivo a sorte de ter unha boa homenaxe en vida. Creo que debería de ser obrigatorio lelo para recordar a etapa histórica recente e como os dereitos foron conquistados. Traducido por María Reimóndez, gran escritora e cunha introducción de Celia Pereira Porto.

O libro recolle integramente os discursos de algúns deputados do Parlamento español. Obra moi recomendada para a memoria colectiva.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega