Qué é a literatura
Nestes meses de verán hei de confesar que non subirei ningún comentario de libros, xa que estou actualizando o meu catálogo, pero quixera compartir con vostedes esta reflexión.
O outro día estaba nunha bocatería e estabamos debatendo sobre o estado da lectura e os libros en xeral e ocorréuseme facer a seguinte reflexión: qué é a literatura?, qué son os libros? As respostas poderían ser moi doadas. Sen embargo, se o pensamos tan ben, aínda nos facemos estas preguntas.
Empecemos cunha definición moi clara e sinxela. A literatura é a mostra dos gustos e das preocupacións que a xente tén nun momento determinado da súa existencia vital e que está reflexada en cada escritor e en cada libro dunha maneira artística. Poderíamos deixalo así.
A literatura é, polo tanto, un espello onde mirámonos reflexados a través da arte de escribir. Por iso, existen tendencias ou modas e libros que penduran no tempo como clásicos da vida. Porque son esa mostra vital e humana que reflexa o noso ser.
Voltemos á bocatería por un instante. Un amigo meu nese momento fixo unha clara pregunta. Se dis que toda a literatura funciona por modas, por qué J K Rowling tivo tanto éxito? Eu lle dixen: pois polo mero feito de que a literatura é simplemente o espello da xente. Nalgúns anos tivo moito éxito a narrativa erótica e a narrativa de ciencia-ficción.
Os libros e a literatura son a mostra vital da nosa forma de ser e de vivir. Feitos históricos, sentimentais, psicolóxicos ou patolóxicos en xeral sentan as bases dun feito literario dun determinado tempo.
Sen mirar cara atrás temos a poesía social en tempos do franquismo onde criticábase moi de cheo a dictadura, temos nos tempos de hoxe unha serie de novelas históricas da Guerra Civil, converténdose en feitos literarios.
En definitiva a literatura é a nosa compañeira vital. É o reflexo das nosas inquedanzas, preocupacións e ledicias.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.