Chámame
Últimamente,
nas actualizacións do procesador de textos LibreOffice aparecen notiñas
no que eles danche uns consellos. Eu lle engadiría a eses consellos,
inútiles por certo, a seguinte frase: Sabe vostede que existe machismo
no eido da cultura?Sabe vostede que toda escritora viuse nalgunha
ocasión insinuada polos seus xefes editores? En fin, todos creemos que
na cultura existe un mundo igualitario, que as persoas que forman as
Academias ou as editoriais son persoas avanzadísimas no seu tempo… Pero,
qué inxenuos somos!
A razón do
título do presente artigo é para facer unha breve alusión ao título do
libro que imos comentar. Chámame señora pero trátame coma un señor é un
ensaio ao inusual escrita pola columnista, escritora, profesora e
crítica literaria Inma López Silva. E vádesme permitir que faga un breve
eloxio persoal cara a escritora e cara a súa obra literaria, xa que
está comprometida coa memoria colectiva e histórica deste país,
entroutros aspectos. Escritora tamén doutros libros como Memoria de
cidades sen luz ou Aqueles días en que eramos malas, outra historia
trepidante da que falaremos próximamente.
Para todos
os lectores principiantes que queren descubrir unha nova forma de
redactar ensaio, conectando coa realidade da xente, deixando fóra as
notas eruditas moitas veces innecesarias, este é o seu libro, un libro
no que ninguén vaise sentir excluído.
Podemos
dicir que a autora conseguiu transmitir a mensaxe que pretendía na
lectura que eu fixen en perspectiva de xénero, o que acaba convertendo
esta obra nunha auténtica sinfonía para os que creemos noutro tipo de
relacións sentimentais, para os que vemos coma algo desigualitario que
non haxa unha clara representación femenina nas Academias da lingua,
debido a que hai moitas mulleres dun grao de prestixio literario que
pódennos axudar dende outra perspectiva a entender o pensamento e a
comunicación humana e non están representadas, para os que creemos na
liberdade de pensamento e de cátedra, etc.
E remato
xa o meu alegato, coma un avogado cando tén que defender a causa do seu
acusado, dicindo que ogallá existan escritoras así. Non precisamos
literatura comercial e aburrida. Necesitamos esa literatura que nos leve
ao pensamento dos ancestros e ao pensamento crítico que axude a
construír país.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.