Feminismo e sociedade actual

Caben no pensamento moitas cousas. A máis cercana é a crítica social ou a autocrítica a nós mesmos, o que fai necesario a existencia de grupos sociais que axuden a avanzar en ideas e/ou pensamentos.

O Feminismo é un movemento necesario dado a que dánse todas as características sociais que toda asociación social tén que ter para poder existir (razón social, seguimento en número de masas, ideoloxía e pensamento).

Polo tanto, o feminismo como tal debe de ser un movemento social que axude en grandes rasgos a conseguir estes obxectivos. Como podemos observar, este fenómeno social de masas viu proliferando a prol de sentencias xudiciais inxustas o que fixo que a idea deste pensamento tiña sentido e era o momento de reivindicalo.


É o feminismo un movemento radical ? Sí o é . Radical ven de raíz e polo tanto o feminismo pretende combater dende a raíz, as grandes desigualdades sociais.

Nesta breve reflexión invito a que non pensemos cousas vanas sobre este movemento social que existe por un motivo e por unha causa histórica que é a desigualdade entre homes e mulleres.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega