Mulleres que nos dan que pensa
Este
artigo ven un pouco retomar a literatura en galego e retomar a
temática feminista que moito antes facíase eco neste blogue.
O
presente e o futuro da nosa contorna tamén ten que ter un
recoñecemento para o pasado e para as mulleres do pasado.
Todos
e todas recordamos grandes escritores, grandes filósofos, grandes
figuras da nosa historia, pero esquecémonos daquelas mulleres que
tamén fixeron historia non só no mundo senón no día a día.
A
autora desta obra é África López Souto, catedrática de filosofía
do IES Urbano Lugrís da Coruña, foi tamén editora da edición
galega da obra de Simone de Beauvoir O segundo sexo editado por
Edicións Xerais de Galicia no ano 2007.
Nesta
obra, a autora non fai unha análise en perspectiva histórica, senón
por eixos temáticos, tratando tamén aqueles oficios esquecidos que
ocupaban mulleres e que até fai pouco non tiñan nin seguro na
Seguridade Social como son palilleiras ou mariscadoras, oficios no
Réxime especial do mar.
Por
tanto, é unha obra moi aconsellable para aqueles que desexen coñecer
a súa historia nun espírito crítico e dinámico. Todos temos un
deber coa memoria como cidadáns do mundo, como cidadáns galegos e
como cidadáns da nosa contorna municipal.
Investigando
un pouco, seguro que encontraredes moitos nomes de mulleres.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.