EVANXEOS

Outro dos grandes problemas que gustaríame abordar é o tema da antropoloxía cristiá, as nosas raíces como pensamento e como civilización. Son unha persoa curiosa nese sentido, no sentido da existencia do home . Somos cada un de nós especiais para ese Deus que nos quere e nos ama. Somos especiais para o que nós queremos, pero Deus sempre foi e será especial.

A orixe desta palabra é do grego Boa Nova. Son tres os evanxelistas que utilizan a mesma fonte de información, polo tanto, estos tres evanxeos (Marcos, Mateo e Lucas) os consideramos como sinópticos. O outro evanxelista, Xoán, utiliza unha fonte particular e céntrase na vida pública de Cristo e na Paixón do Señor, sendo esta paixón a máis extensa de toda a Biblia.

As datas establecidas polos historiadores de escritura dos Evanxeos foron as seguintes:

  • Marcos: ca. 68 – 73.
  • Mateo: ca. 70 – 100 (Algúns autores sitúano nunha data anterior).
  • Lucas: ca 80-100 
  • Xoán: ca. 90-100
Estes textos son unha mostra deste modelo de pensar e de vivir . Un conxunto de literatura literaria en tempo lineal, abarcado pola proliferación de grandes feitos históricos cristiáns:

  • O nacemento e a vida de Xesús.
  • A vida pública de Xesús.
  • A Paixón e a Resurrección de Xesús.
Todos estos feitos históricos, como non importantes, narranos unha personalidade de Xesús en base a fe. 

Outra característica que debemos saber é que os catro evanxeos forman parte do denominados canónicos, xa que foron escollido debido súa doutrina pola Igrexa primitiva, entre máis de setecentos textos. Os Evanxeos que non foron aceptados pola Igrexa primitiva considéranse apócrifos. Nestes textos abondan moitos datos biográficos de San Xosé, a Virxe María ou María Magdalena, entroutros datos.

En definitiva, aconsello a todos os cristiáns a meditación e o coñecemento fundamental desta parte da nosa vida de fe.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega