Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de sumisión

Esta obra foi unha das primeiras en saír ao prelo da colección Feminismos da Editorial Galaxia a finais do 2018. Có gallo de facer eco do auxe feminista, Galaxia aposta por facer unha colección adicada a este tema. 

Esta obra trata de facer unha análise epistémica do concepto muller e do movemento feminista. Poderíamos catalogala coma un ensaio ao uso, xa que tén unha orde lóxica dos temas e unha relación cadansúa parte do libro.

A autora foi unha destacada na política galega. Ocupou o cargo de Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, presidido por Emilio Pérez Touriño (PsdG-PSOE) e Anxo Quintana (BNG). É catedrática de filosofía, membro do Consello da Cultura Galega, e membra do Aula Castelao de filosofía.

A xénese da presente obra vén de ser muller. Qué leva ser muller nos tempos de hoxe é a cuestión principal coa que Adán abre a obra, para dar o seu punto de vista ao que temos neste momento.

Un dos aspectos máis importante, o cal coincido coa autora, é o tema da lexislación e da educación. A experiencia da lei galega contra a violencia de xénero lévanos a este sentido, así como a valoración dos coidados e outros aspectos relacionados coa vida cotiá.

Remato este artículo dicindo que a lectura deste libro vai remover moitas conciencias e vai ser unha ponte para novas masculinidades disidentes e outras formas máis pretas ao feminismo.

Feminicidio. Unha nova order patriarcal en tempos de submisión: 2 ...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega