Publicacións

Don Paco del Riego.

Imaxe
 Francisco Fernández del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913. Lugués de nacemento, vivirá a meirande parte da súa vida nun Vigo onde fará unha intensa labor literaria, divulgadora e creadora de espazos favorábeis para a lingua como foron Editorial Galaxia, Fundación Penzol, Revistra Grial, etc. Del Riego participou moi activamente nos ambientes culturais pola creación dun idioma culto, dun galego estándar. A dignificación do idioma foi o seu gran símbolo de identidade. O 25 de xullo de 1950 funda xunto con García Sabell, Ramón Piñeiro e Fermín Penzol a Editorial Galaxia, un xerme cultural na divulgación da cultura galega e da lingua de Galicia. Nesta editorial, publícanse por primeira vez obras tan importantes como a Historia da literatura galega do propio Del Riego ou a de Carballo Calero, as primeiras gramáticas universitarias, manuais de Historia de Galiza, e un longuísimo largo historial de obras até os nosos días. Outras das grandes obras foi a Fundación Pen

O autismo na sociedade actual

 Comparto con gusto o artigo publicado no Nós Diario A verdade é que pensamos moito que a xente con autismo e da familia dos TEA (Trastornos do Espectro Autista) son estraños, coma se fosen marcianos que non existisen no noso planeta e ben pode ser un veciño ou unha veciña da nosa contorna. E digo isto debido a que a mente humana prexulga moitas veces acerca de nós. E quizais sexamos as persoas máis reais, con mellor corazón e cunha concepción da vida chea de moita lóxica. Unha das grandes reflexións persoais que fixen foi o sentido do meu 'ser 'autista'. Quizais moitas veces foron cheas de medo ou de xenreira. Con todo, a meirande parte das veces, esta revisión mental foi plácida e feliz. Esa forma de ver a vida creo que me enriqueceu, xa que me deu outra visión das cousas e conseguín comprender a intelixencia do ser humano no seu mellor estado de pensamento. Con esta maneira de ser e de actuar, pensei moito naqueles momentos que foron de esforzo constante e que deron moit

ALBA DE GRORIA

Imaxe
 O Alba de Groria foi un discurso de Castelao pronunciado no Centro Galego de Bos Aires, con motivo do Día da Patria Galega de 1948, nun encontro no Teatro Arxentino. Foi publicado nese mesmo mes en A Nosa Terra e que o propio autor comeza a escribir en Marsella en 1947. A significación podémola ver máis aló do propio 25 de xullo, senón que nel exprésanse as ideoloxías propias do noso nacionalismo galego. Un exemplo é a primeira frase do texto Se no abrente deste día que é moi usada entre nacionalistas para anhelar os seus desexos. Debemos de facer constar que os dous primeiros parágrafos corresponden co capítulo I do Sempre en Galiza e que o título foi escollido por Blanco Amor, quen fixo a tradución ao castelán.  Compartimos este texto no aniversario da morte deste gran patriota galego. O texto está tomado do publicado pola AC Alexandre Bóveda. Miñas donas e meus señores: SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á

LIEDERS

Rosalía de Castro deixounos moito material para a análise e a profundización.  Coma ben dixemos fai certo tempo, a máis grande das nosas letras tamén deixou pegada na literatura castelá. Escribiu nesta lingua obras como En las orillas del Sar, Las literatas, Flavio, A mi madre, La hija del mar ou Lieders. Este precioso manifesto xorde dunha petición feita en 1858 por Benito Vicetto. Este home escribiulle a Murguía para pedirlle amablemente que cantase a santa liberdade do pobo galego e abofé que o fixo.  A xoven autora está a elaborar o seu primeiro documento de identidade, por certo no mesmo ano en que casa con Murguía, unha especie de aviso a navegantes coa contundencia que caracterizou a nosa propia escritora. O diario El Miño será o destino deste breve manifesto feminista, periódico dirixido entre outras persoas por Juan Compañel, editor de Cantares, como Alejandro Chao, membro dunha das familias máis importantes da historia de Vigo. Grazas ao arquivo que os Chao gardan en Vigo e a

A VOLTAS COA NEGRA SOMBRA. ARTIGO DE PILAR GARCÍA NEGRO NA VOZ DE GALICIA

Imaxe
 Comparto un dos artigos da gran amiga deste caderno de viaxes Pilar García Negro. O artigo ten como obxectivo desmitificar os mitos acerca da figura de Rosalía de Castro. A autora deunos permiso para compartir o artigo. É u n tópico asentado na mediática galega asociar a negra sombra rosaliana ao fatum , á fatalidade, á desgraza irremediábel, en definitiva. É recurso socorrido, tanto para falar do chapapote do Prestige como de calquera desastre que nos aconteceu ou acontece. Porén, nada disto ten a ver co texto onde tal expresión figura. A orixe cómpre situala no poema de Rosalía de Castro Cando penso que te fuches , que figura —non por casualidade— no medio e medio do libro II de Follas novas , titulado ¡Do íntimo! (no máis abisal da súa intimidade). Como moi a tergo aclarou Carvalho Calero, este poema é o final dunha triloxía que comeza con ¡Mar!, cas túas auguas sin fondo , continúa con Cava lixeiro, cava e finaliza, apoteosicamente, con Cando penso que te fuches . Rosalía de Ca

Campaña de Vía Galega sobre os símbolos nacionais

 Comparto neste blogue o material de Vía Galega da campaña polos símbolos nacionais de Galiza. https://viagalega.gal/wp-content/uploads/2022/10/CADERNO-OS-SIMBOLOS-DEP-CORUNHA-USB-2.0.pdf  Himno galego coa letra restaurada https://www.youtube.com/watch?v=IFUHHgiyZxQ Himno galego cantado polo Coro Cantares do Brión https://www.youtube.com/watch?v=X_EPFW9WAnE

Diario 1921 de Castelao

Imaxe
  Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 29 de xaneiro de 1889 e morreu en Bos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950. Foi un dos grandes escritores, debuxantes e políticos que deu a Galiza de comezos do século XX. A peripecia vital de Castelao lévalle a vivir unha longa tempada en Pontevedra, xerme do Partido Galeguista en 1931. Estudou a carreira de Mediciña, pero nunca exerceu, como ben dixo él, por complacencia coa humanidade. Unha das grandes obras políticas foi a elaboración e entrega do Estatuto de 1936, pero co estalido da Guerra Civil, quedou sen efecto. A súa grande obra ensaística é o Sempre en Galiza , onde traza as ideas fundamentais do nacionalismo galego: Galiza é unha nación, con cultura propia e debemos de apostar por unha autonomía de país, tamén como bo caricaturista da vida publicou Cousas , un libro acompañado por retratos feitos por él que nos pretende amosar a realidade da vida cotiá galega ou Os dous de sempre , na que fai unha historia de dous p

Crónica da homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Imaxe
 O pasado venres 14 de outubro, a asociación Lucenza en colaboración co Concello de Nigrán e a Fundación Celso Emilio Ferreiro, celebramos con moita ilusión unha homenaxe a este grande escritor ourensán e a súa obra Longa noite polo sesenta aniversario. A homenaxe estivo cargada de momentos emotivos e tiña todos os elementos que toda homenaxe cultural debe de ter. O libro en cuestión foi editado por primeira vez en 1962, na editorial Galaxia na colección Salnés, pero creo que é de todos coñecido que o movemento de Voces Ceibes e a Nova Canción Galega fixo deste poemario un fito histórico. Aínda corenta anos despois da morte de Celso Emilio, os seus poemas seguen sendo de grande utilidade e actualidade. Contamos coa presencia de Mini Rivas, Xan López e Tino Baz dende unha videochamada, así como recitadores e recitadoras tan excelentes coma os nenos/as do colexio de Nigrán Humberto Juanes, rapazada do IES Val Miñor acompañadas do seu profe Iago Castro, Marta Dacosta, Carme Xiráldez, así

O porvir da lingua galega

  Lendo o libro coordinado polo profesor Fernando Ramallo A lingua en 2050, formulasenos unha cuestión irrenunciable para todo pobo cunha lingua minoritaria e minorizada: existirá o galego nun futuro predecible? Poderá gozar o galego de boa saúde ? Poderá ser a literatura galega un alicerce de achegamento de novos falantes para a nosa lingua? Estas tres preguntas son fundamentais para valorar o que estamos a facer pola lingua. Ser futurista neste sentido é algo atrevido, xa que cambiamos de circunstancias como días ten o ano, e poden darse novas realidades, pero axúdanos a ver o que estamos a facer pola causa. Quizais aquí estamos a suspender como sociedade. O proceso de normalización lingüística en Euskal Herria, supuxo por parte da clase política un exercicio de cambio, levándoos a facer de seu o idioma, chegando incluso a usalo na súa propia vida privada, como modelo de exemplaridade. Isto obtivo como resultado que a lingua conseguiu un severo prestixio social e que toda a cidadaní

Definindo o indefinible

Imaxe
  Artigo publicado na páxina do Bloque Nacionalista Galego de Nigrán por este mesmo servidor. O domingo, milleiros de simpatizantes e afiliados, reunímonos na Coruña nunha especie de cónclave para decidir o futuro do BNG. Un cónclave que, en vez de fumes brancos, houbo fumes violetas con letra de M de muller. O único que saco de conclusión da Asemblea de onte é que hai equipo e hai unha capitana que é, dende o punto de vista da definición lingüística e psicolóxica indefiníbel, debido a que a polifacetismo está presente ao longo da súa estadía na organización. Unha deputada que pasou de ser desapercibida a ser a mellor líder da historia do BNG. Unha muller nacida na Galicia profunda de Sarria, na parroquia de Chorente, que ten a confianza dos galegos e das galegas. Sí, señores, señoras e varóns machistas, estou a falar de Ana Pontón, unha boa matadora contra as políticas dos recortes, unha gran loitadora desta Terra e sobretodo unha gran boxeadora contra as machistadas dalgúns que se ve

40 anos do Bloque Nacionalista Galego

Durante o pasado mes de setembro, en todas as localidades do país estivemos celebrando o 40 aniversario da organización nacionalista da Galiza. Unha conmemoración chea de ilusorios e no mellor momento da historia política do nacionalismo galego. No Congreso dos Deputados seguimos mantendo esa representación parlamentar, 19 escanos no Parlamento Galego (superando os 18 escanos de Beiras), e cunha gran presenza a nivel social e provincial.  Gústame escoitar en palabras da miña mestra Teté, militante fundacional do BNG, cómo foron aqueles anos de intenso traballo de constitución. Somos herdeiros e herdeiras desa historia nacente que costou implantar e consolidar na sociedade galega e creo que foi un gran acerto crear a marca Bloque para o nacionalismo galego. Tiven a sorte de escoitar moitas máis historias, pero quédome con esta por seren a que máis influíu na miña vida persoal. Como valoracións iniciais que fago deste ano e dous meses de militancia, direi que síntome moi cómodo nesta org