Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2022

A nosa Terra é nosa. Fragmento do Sempre en Galiza, I, II

Imaxe
"Pedimos que a nosa Terra sexa nosa. Porque somos fillos dela. Porque ninguén máis pode gobernala. Porque ninguén máis pode comprir a súa misión hestórica. Porque levamos o seu nome polo mundo adiante. Porque queremos comprir a postrimeira manda dos nosos irmáns: os que deron a vida pola liberdade. A nosa Terra é nosa. Xa se ten dito moitas veces. Mais agora decímolo nós, os desterrados. Os deterrados que vivimos en liberdade. Decímolo en nome de moitos miles de galegos que andan polo mundo. Decímolo, tamén, en nome de moitos miles de desterrados da propia Terra, dos que agardan por nós, dos que viven como fillos da morte, contando o tempo por noites. A nosa Terra é nosa. Nada máis que nosa. Porque somos os únicos capaces de darlle luz á súa noite, pan ás súas demandas, diñidades á súa vida. Porque somos os únicos capaces de enxugar as súas bágoas de door. A nosa Terra é nosa. ¿De quen máis podía ser? ¿Dos que a aldraxan? ¿Dos que lle negan a fala e o pensamento? ¿Dos que a en

Unha breve explicación a modo de guía do Sempre en Galiza

Imaxe
A obra máis emblemática de Castelao foi escrita e publicada por primeira vez en 1944 dende a emigración. Él escribe este libro dende a súa estadía por diversos países do mundo, provocando así que haxa situacións diferentes en cada libro del.  A presente obra está dividida nun adro e catro grandes libros.  O adro foi escrita na súa estadía en Badaxoz e conta a súa vinculación co Partido Galeguista e á súa cercanía ideolóxica coa esquerda, o que fará que o ideólogo do galeguismo, Vicente Risco, se afastara do Partido. O libro I foi escrito durante a Guerra Civil e describe a situación política da Galiza e da súa resolución, do sentido de nación histórica sen Estado, fai unha comparativa co posicionamento doutros grupos políticos con respecto á nosa terra, a historia do galeguismo, o Estatuto e as vantaxes dunha República federal. O libro II foi escrito en Nova York e ten o seu eixo fundamentado no descontento coas forzas políticas españolas pola posición perante o Estatuto de Autonomía.

Unha reivindicación política acerca da figura política de Castelao

Imaxe
 Cando póñome a escribir estas liñas dinme de conta que non todas ás veces cumprimos todos os nosos propósitos. Castelao foi unha gran figura, de moita actualidade, e é un mito da nosa Terra.No momento de devolución de Castelao á Galicia en 1984  non se permitiu facer unha gran romaxe popular que ben merecía un persoeiro como é este rianxeiro. No ano 1944 publicou o Sempre en Galiza, na que invítasenos a facer unha profunda reflexión acerca da realidade da nosa nación. Un gran pensador que abarcou esta gran obra dende a máis profunda emigración que son a externa e a da emigración profunda de estar lonxe dos teus. Ademais de gran escritor, destacou coma debuxante, facendo unha importante labor pictórica que marcou un tempo. Por todo isto, Pilar García Negro, profesora e exdeputada do BNG, defendeu fai algúns anos no Parlamento de Galicia, unha proposición de iniciativa lexislativa popular, para que se divulgara e potenciara a figura deste  galego ilustre, xa que aínda que abriuse o expe

BIOGRAFÍA DE CASTELAO

Imaxe
  Alfonso Daniel Rodríguez Castelao nace en Rianxo en 1886 e morre en Bos Aires en 1950. Viviu moito tempo en Arxentina de pequeno, xa que seu pai era mariñeiro emigrado, e voltou a este país na ditadura. Estudou Medicina en Santiago, pero nunca exerceu de médico.   A súa vocación foi principalmente a escritura e a pintura, pero a política tamén marcou o eixo do seu pensamento. Castelao pasou do federalismo absoluto a crer nese nacionalismo que levouno o formar parte das Irmandades da Fala. En 1912 formará parte de Acción Gallega, cuxo obxectivo era espertar     a conciencia de clase no campesiñado galego. Tamén estableceu durante un tempo a súa estadía na cidade de Pontevedra, onde funda xunto con outros pensadores o Partido Galeguista. Dende 1926 forma parte da Real Academia Galega. Nas Cortes Constituíntes da República foi asignado deputado e durante un breve tempo sufrirá o desterro no goberno de Lerroux, voltará co goberno da Fronte Popular (1936), onde presentará nas Corte

Castelao e a realidade galega do século XX

Imaxe
 Podemos pensar que a realidade da literatura galega non prosegue na Galiza do franquismo. Podemos pensar que os emigrados non fixeron nada pola nosa cultura. Podemos pensar que o noso idioma normativizouse como unha intervención milagreira a modo de pomba, pero a realidade é ben diferente. Os centros culturais foron os centros galegos de todos aqueles países onde foron todos os emigrantes, e, en concreto, a cidade de Bos Aires. O epicentro da cultura trasladouse, síntoma de escuridade para a nosa lingua. Castelao viviu unha etapa da súa vida nesta cidade e é aquí onde publica Sempre en Galiza en 1944.  Neste Sempre en Galiza onde Castelao reivindica a realidade da Nación galega, despois  de pasar por unha etapa de ser un federalista convencido. A Biblia do nacionalismo galego é un punto de inflexión no sentimento nacionalista do país.  Paralelamente, houbo unha xeración de escritores que cultivaron dende a emigración, polo que podemos destacar que a realidade lingüística seguiu grazas