BIOGRAFÍA DE CASTELAO

 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao nace en Rianxo en 1886 e morre en Bos Aires en 1950. Viviu moito tempo en Arxentina de pequeno, xa que seu pai era mariñeiro emigrado, e voltou a este país na ditadura. Estudou Medicina en Santiago, pero nunca exerceu de médico.  A súa vocación foi principalmente a escritura e a pintura, pero a política tamén marcou o eixo do seu pensamento. Castelao pasou do federalismo absoluto a crer nese nacionalismo que levouno o formar parte das Irmandades da Fala.

En 1912 formará parte de Acción Gallega, cuxo obxectivo era espertar   a conciencia de clase no campesiñado galego.

Tamén estableceu durante un tempo a súa estadía na cidade de Pontevedra, onde funda xunto con outros pensadores o Partido Galeguista.

Dende 1926 forma parte da Real Academia Galega. Nas Cortes Constituíntes da República foi asignado deputado e durante un breve tempo sufrirá o desterro no goberno de Lerroux, voltará co goberno da Fronte Popular (1936), onde presentará nas Cortes Xerais o Estatuto de Autonomía de Galicia, cousa que quedou sen efecto, xa que presentouse o mesmo día en que Franco da o golpe de estado en Ceuta e España queda abocada a unha sanguenta Guerra Civil, que culminará nunha ditadura de corenta anos na que perpetrará o drama da emigración que tanto asoballou a nosa Terra.

Viviu os seus últimos anos de vida na Arxentina onde publica o famoso ensaio Sempre en Galiza(1944) unha obra escrita ao abeiro da súa estadía en diferentes rexións e países. A Biblia do nacionalismo galego ten unha estructura que semella os momentos importantes de Castelao ao longo da súa vida.

Foi soterrado nesta cidade sendo un dos enterros máis multitudinarios da historia. Foi devolto á súa Terra en 1990 sendo presidente da Xunta Don Manuel Fraga Iribarne e será soterrado no Panteón de Galegos Ilustres (Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago) , xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

Ademais do Sempre en Galiza, escribiu unha novela Os dous de sempre, Cousas que é un libro de pequenas historias acompañadas polos seus debuxos, Cousas da vida que é o segundo volume, Un ollo de vidro e Retrincos.

 Alfonso Daniel Rodriguez Castelao - Historia Arte (HA!)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega