Unha reivindicación política acerca da figura política de Castelao
Cando póñome a escribir estas liñas dinme de conta que non todas ás veces cumprimos todos os nosos propósitos. Castelao foi unha gran figura, de moita actualidade, e é un mito da nosa Terra.No momento de devolución de Castelao á Galicia en 1984 non se permitiu facer unha gran romaxe popular que ben merecía un persoeiro como é este rianxeiro.
No ano 1944 publicou o Sempre en Galiza, na que invítasenos a facer unha profunda reflexión acerca da realidade da nosa nación. Un gran pensador que abarcou esta gran obra dende a máis profunda emigración que son a externa e a da emigración profunda de estar lonxe dos teus. Ademais de gran escritor, destacou coma debuxante, facendo unha importante labor pictórica que marcou un tempo.
Por todo isto, Pilar García Negro, profesora e exdeputada do BNG, defendeu fai algúns anos no Parlamento de Galicia, unha proposición de iniciativa lexislativa popular, para que se divulgara e potenciara a figura deste galego ilustre, xa que aínda que abriuse o expediente BIC sobre a súa obra, parece coma que quedou ficada aquí a cousa.
A difusión da súa obra é un elemento importante, así como o establecemento dun día de referencia para a reinvindicación da súa figura.
Polo que é o momento de facelo. Reivindicar a súa figura agora significa dignificar un momento e un tempo. É o momento que, dende a Xunta e dende as institucións educativas, poñan un especial empeño para dar a coñecer a Castelao.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.