Castelao e a realidade galega do século XX

 Podemos pensar que a realidade da literatura galega non prosegue na Galiza do franquismo. Podemos pensar que os emigrados non fixeron nada pola nosa cultura. Podemos pensar que o noso idioma normativizouse como unha intervención milagreira a modo de pomba, pero a realidade é ben diferente.

Os centros culturais foron os centros galegos de todos aqueles países onde foron todos os emigrantes, e, en concreto, a cidade de Bos Aires. O epicentro da cultura trasladouse, síntoma de escuridade para a nosa lingua. Castelao viviu unha etapa da súa vida nesta cidade e é aquí onde publica Sempre en Galiza en 1944. 

Neste Sempre en Galiza onde Castelao reivindica a realidade da Nación galega, despois  de pasar por unha etapa de ser un federalista convencido. A Biblia do nacionalismo galego é un punto de inflexión no sentimento nacionalista do país. 

Paralelamente, houbo unha xeración de escritores que cultivaron dende a emigración, polo que podemos destacar que a realidade lingüística seguiu grazas á actividade cultural desta xeración. Tales como Florencio Delgado ou Celso Emilio Ferreiro.

Castelao foi devolto á terra onde o veu nacer en 1990, onde foi soterrado no Panteón de Galegos Ilustres de Compostela. O símbolo da Galiza na emigración descansa xa connosco, pero o deber político de parar esta sangría migratoria é de todos os cidadáns galegos.

Remato este artigo confiando no mantemento da nosa cultura por parte das vindeiras xeracións de galegos e galegas, como dixo este gran home da Galiza.

Comezamos unha subida de información acerca destes homes e mulleres. Comezaremos con Castelao, comentando o Sempre en Galiza e a biografía.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega