Unha breve explicación a modo de guía do Sempre en Galiza

A obra máis emblemática de Castelao foi escrita e publicada por primeira vez en 1944 dende a emigración. Él escribe este libro dende a súa estadía por diversos países do mundo, provocando así que haxa situacións diferentes en cada libro del. 

A presente obra está dividida nun adro e catro grandes libros.  O adro foi escrita na súa estadía en Badaxoz e conta a súa vinculación co Partido Galeguista e á súa cercanía ideolóxica coa esquerda, o que fará que o ideólogo do galeguismo, Vicente Risco, se afastara do Partido.

O libro I foi escrito durante a Guerra Civil e describe a situación política da Galiza e da súa resolución, do sentido de nación histórica sen Estado, fai unha comparativa co posicionamento doutros grupos políticos con respecto á nosa terra, a historia do galeguismo, o Estatuto e as vantaxes dunha República federal.

O libro II foi escrito en Nova York e ten o seu eixo fundamentado no descontento coas forzas políticas españolas pola posición perante o Estatuto de Autonomía.

O libro III foi escrito durante a  Segunda Guerra Mundial, entre 1942 e 1943, no que vislúmbrabase a derrota dos aliados e a posíbel fin do franquismo, cousa que non sucedeu, no cal pretende establecer un marco de colaboración entre forzas políticas.

Finalmente, o libro IV foi engadida na segunda edición e contempla escritos posteriores a 1944 tras a súa experiencia no goberno da República no exilio de José Guiral e a súa volta a Arxentina, onde móstrase  desilusionado pola situación política.

Dende o punto de vista lingüístico, Castelao pule bastante a súa forma de escribir, propia da zona de Muros e Noia. Hai que ter en conta que o galego non foi normativizado até 1982.

Creo que con estas pinceladas, os lectores poderán entender o Sempre en Galiza dende outra perspectiva.

SEMPRE EN GALIZA Edición "As Burgas" 2ª Edición de CASTELAO -: (1961) |  Hijazo Libros

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

O autismo na sociedade actual

O porvir da lingua galega