Rosalía de Castro

 María Rosalía Rita Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837 e falece en Padrón en 1885. Pertence ao grupo do Rexurdimento, xunto con Curros Enríquez e Pondal. Ela escribiu dous libros en galego nos que fará constar a súa etapa de xuventude literaria e de madurez literaria. Son Cantares gallegos e Follas novas. Filla de pais incógnitos, xa que seu pai era seminarista e non tiña boa visión que un sacerdote tivese fillos/as. Súa nai chamábase Teresa Castro Abadía e o seu pai José Martínez Viojo. Viviu a infancia en Ortoño (Ames) cunha tía paterna, a adolescencia pasouna en Santiago coa súa nai, onde coñece os autores e escritores moi comúns da época e xa en Madrid casa con Manuel Murguía, co cal terá sete fillos e fillas nacidos fundamentalmente en Galicia.

O 17 de maio de 1863, 33 aniversario de Murguía, publica en Vigo na imprenta de Juan Compañel, os Cantares gallegos. Un libro cunha estructura circular na que está presente a literatura de costumes e a denuncia social da situación dos galegos e das galegas que teñen que emigrar. Ela dálle voz a unha meniña que é a protagonista da historia, tendo moi pouca presenta ela como escritora. Algúns poemas que podemos destacar e Eu cantar, cantar cantei, Miña santiña miña santasa, Castellanos de Castilla, etc. Foi un libro moi ben acollido pola emigración galega do século XX.

Pouco antes de morrer publica a súa segunda obra en galego, Follas novas, unha literatura intimista, máis elaborada dende o punto de vista técnico, que é moi distinto a Cantares . Está dividido en catro grandes grupos:

Vaguedás

Do íntimo

Varia 

Da terra

As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos.

Aínda que a denuncia social  e do costumismo, Rosalía aquí introduce a temática intimista en Do íntimo e Varia.

Morre en 1885 en Padrón vítima dun cancro de útero.

Ademais das dúas obras en galego, publicou en castelán: Lieders, Las literatas, En las orillas del Sar , etc.













Comentarios

Publicacións populares deste blog

O machismo en Pondal. Poemas

BIOGRAFÍA DE CASTELAO

O autismo na sociedade actual