As Irmandades da Fala
As Irmandades da Fala foi un movemento literario e de pensamento galeguista nacido na Coruña a principios do século XX.Hai dúas figuras masculinas que destacan nesta etapa a dos irmáns Vilar Ponte, Antón e Ramón. Cultivou todos os eidos culturais da Galiza dende 1916 até 1931.
Vimos anteriormente na figura de Castelao que nesta etapa decadeu o rexionalismo cara un galeguismo A partires do mes de maio de 1916, iniciouse por parte de Antón Vilar Ponte en La Voz de Galicia. O 18 de maio celébrase por primeira vez, a primeira asemblea das Irmandades na sé da Real Academia Galega na Coruña que asistiron entroutros Manuel Lugrís Freire, Carré Alvarellos, etc.
Ao par creáronse en diferentes cidades galegas como en Santiago de Compostela.
En 1917 colaboran coa Lliga Regionalista Catalana para concurrir ás eleccións de Cortes.
Celebráronse sete Asembleas. Na I celebrada na Coruña pois tense as bases do nacionalismo galego de hoxe: petición do galego coma idioma cooficial, autonomía integral, e defínese a Galiza como nación. Durante a I e a III Asemblea tende a política. Na IV Asemblea rómpense coa Asemblea da Coruña e sófrese un proceso de reestructuración que culminará coa fundación do Partido Galeguista.
Iremos desengranando aquí aspectos interesantes das Irmandades.

Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.