Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2022

Día de Rosalía de Castro 2022.

Imaxe
 O día de Rosalía de Castro celebrouse dende o ano 2010 con motivo de conmemorar e celebrar a nosa Rosalía. Este ano contamos con dúas particularidades especiais : por primeira vez celebramos a conmemoración de xeito oficial e institucional e o adiantamento da data de celebración. A investigadora Sagrario Abelleira descubriu que a verdadeira data de nacemento de Rosalía foi o día 23 e non o 24 de febreiro. Apareceu no expediente matrimonial de Rosalía con Murguía unha declaración notarial da nai de Rosalía na que se asegura que a data de nacemento foi o 23. Por tal motivo, cambiouse a data da celebración deste día tan simbólico.   Como xa dixen antes, este ano celebrouse despois de tantos anos de loita, por primeira vez e de maneira oficial esta data. Institucións, corporacións municipais, deputacións provinciais, escolas e movementos asociativos celebramos este día con total ledicia. E xa para rematar, a Fundación Rosalía de Castro, impulsora e principal motor da homenaxe, propuxo unh

Follas Novas I. Soia

 Rosalía en Follas Novas fai unha simboloxía da tristeza. Namentres en Cantares, a voz poética déixaselle en mans dunha nena, aquí é a propia Rosalía quen se expresa, quen se manifesta. Cando Rosalía escribe este libro está no período final da súa existencia vital, polo que o intimismo vive pola súa presencia. Neste poema maniféstase dunha maneira moi claramente. Eran craro-los días, risoña-las mañáns, i era a tristeza súa negra coma a orfandá. Íñase á mañecida, tornaba coa serán...; mais que fora ou viñera ninguén llo iña a esculcar. Tomóu un día leve camiño do areal... Como naide a esperaba, ela non tornóu máis. Ó cabo dos tres días, botóuna fora o mar, i alí onde o corvo pousa, soia enterrada está.

Cantares VIII. Miña santiña, miña santasa.

 Este poema é unha conversa entre unha santa e unha costureira. A costureira pretende que a santa lle ensine a bailar a muiñeira e a santa non quere ensinarlle e mostra os valores morais da Igrexa. Ao final, esta costureira insulta a santa dunha maneira moi peculiar.  Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa:    hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar;    hei de emprestarcho, cara bonita, si me deprendes a puntear.    -Costureiriña comprimenteira, sacha no campo, malla na eira,    lava no río, vai apañar toxiños secos antre o pinar.    Así a meniña traballadora os punteados deprende ora.    -Miña Santiña, mal me quixere quen me aconsella que tal fixere.    Mans de señora, mans de fidalgueiras teñen todiñas as costureiras;    bocas de reina, corpo de dama, cómprelle a seda, foxen da lama.    -¡Ai, rapaciña! ti te-lo teo: ¡seda as que dormen antre o centeo!    ¡Fuxir da lama quen naceú nela! Dios cho perdone, probe Manuela.    Lama con honra non

Poemas de Cantares VIII. Un repoludo gaiteiro

 A figura do gaiteiro foi moi importante na situación de ligar nas verbenas. Eran os influencers daquela época. Un repoludo gaiteiro, de pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangueiro, antre os mozos o pirmeiro e nas siudades sin par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: - Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar .    Sempre pola vila entraba con aquél de señorío; sempre con poxante brío co tambor se acompasaba; e si na gaita sopraba, era tan dose soprar, que ben fixera en cantar aló pola mañanciña: - Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar .    Todas por el reloucaban, todas por el se morrían; si o tiñan cerca, sorrían; si o tiñan lonxe, choraban. ¡Mal pecado! Non coidaban que c'aquel seu frolear tiña costume en cantar aló pola mañanciña: - Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar .    Camiño da romería, debaixo dunha figueira, ¡cánta meniña solteira "Quérote", lle repetía...! I el ca gaita respondía por a todas emboucar, pois

Poemas de Cantares VII. Campanas de Bastabales

Estamos ante un poema na que Rosalía fala de sí mesma e dos seus propios sentimentos. Quero facer notar isto, xa que Cantares ela pon a voz poética e protagonista nunha nena e maniféstase durante cinco veces no libro. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. I Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar.    Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades, e das entrañas me doio.    Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira i hoxe teño media vida.    Sólo media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron.    Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores.    Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron. II Aló pola mañanciña subo enriba dos outeiros lixeiriña, lixeiriña.    Como unha craba lixeira, para oír das campaniñas a batalada pirmeira.    A pirmeira da alborada, que me traen os airiños por me ver máis consolada.    Por me ver menos chorosa