Nosotras que nos queremos tanto
Unha das grandes características do ser humano é a irmandade filial que establecemos coas nosas relacións de amizade. Moitos exemplos existen ao longo da nosa vida. Nos feitos políticos tamén pasa o mesmo. Unímonos todos por unha mesma razón, por unha mesma causa. E, se todo isto, o unimos nun mesmo programa de TV, fai moi gustoso ao telespectador á mergulla dese programa.
En tempos de pandemia a vida segue. E moitos seguen facendo un esforzo enorme, para encher as nosas vistas e os nosos ollos, comentando dunha maneira un tanto atractiva a situación política que nos toca vivir, adaptando os medios precisos para isto.
No extremo sur de América Latina atópase un dos países con máis beleza e co que máis relación temos todos os galegos e as galegas por un feito histórico ocorrido ao longo dos séculos como é a emigración. Alí xuntáronse tres amigas para falar de aspectos importantes da vida social do país, deleitándonos da súa simpatía e ledicia a todos nós. Se vén esa conversa pode vir acompañada dunha boa copa de viño Albariño, que máis que falar de política para ter odres novos, cantos de liberdade.
E que fai unha historia sen protagonistas. A resposta sabémola perfectamente. Gustaríame presentalas como unha representación deses sons: “feminismo”, “mulleres”, “solidariedade”, “interpretación”, “creatividade”. Moitas máis palabras as representarían, pero deixémolo así. Laura Azcurra, Thelma Fardín e Caro Fernández son unha representación de cada un deses sentimentos, e enfrontan cada día o programa, coas ganas de reciclarse e seguir aprendendo da vida. Actrices
O guión do programa é o máis sinxelo de analizar. Azcurra exercendo de mestra de cerimonias, saúdanos sempre en tódolos programas, ao que segue a explicación do que vaise a tratar da man da querida Thelma Fardín, e os comentarios da actriz Caro Fernández antes de comezar cada entrevista. Políticos/as, avogados/as e activistas son algúns exemplos dese gran abano de invitados que comparten tempo coas condutoras. O contido é claramente político, o cal estou sumamente de acordo, pero non imos entrar en materia, xa que sería moi inabarcábel.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa mensaxe.
Deje su mensaje.