Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2020

Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de sumisión

Imaxe
Esta obra foi unha das primeiras en saír ao prelo da colección Feminismos da Editorial Galaxia a finais do 2018. Có gallo de facer eco do auxe feminista, Galaxia aposta por facer unha colección adicada a este tema.  Esta obra trata de facer unha análise epistémica do concepto muller e do movemento feminista. Poderíamos catalogala coma un ensaio ao uso, xa que tén unha orde lóxica dos temas e unha relación cadansúa parte do libro. A autora foi unha destacada na política galega. Ocupou o cargo de Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, presidido por Emilio Pérez Touriño (PsdG-PSOE) e Anxo Quintana (BNG). É catedrática de filosofía, membro do Consello da Cultura Galega, e membra do Aula Castelao de filosofía. A xénese da presente obra vén de ser muller. Qué leva ser muller nos tempos de hoxe é a cuestión principal coa que Adán abre a obra, para dar o seu punto de vista ao que temos neste momento. Un dos aspectos máis importante, o cal coincido coa autora, é o tema da lex

O meu pecado mortal. O voto feminino máis eu

Imaxe
Corrían os anos da Segunda República. No ano 1930 presentaba a súa dimisión o xeneral Miguel Primo de Rivera ante Afonso XIII. Celebradas unhas eleccións municipais de 1931, se proclama a Segunda República e sobre iso xorde un clamor importante: o voto feminino debía de ser unha realidade, senón non sería unha democracia. Nas eleccións constituíntes da Segunda República sae deputada por Madrid, Dna Clara Campoamor Rodríguez, avogada e primeira muller en exercer a defensa perante o Tribunal Supremo. A discusión sobre o presente voto levoulle a ter un bronco enfrontamento coa Sra. Victoria Kent, deputada socialista, que consideraba que a muller estaba moi influenciada polo home e, principalmente, pola relixión. Votado o artigo constitucional correspondente, convócanse eleccións xerais onde gaña ,entroutros partidos de dereitas, a CEDA de Alejandro Lerroux. Todo o histerismo que xurdiu contra ela do ramo da esquerda foi monumental. Sen embargo, Campoamor,dende o exilio, defenderá que

Mulleres que nos dan que pensa

Imaxe
Este artigo ven un pouco retomar a literatura en galego e retomar a temática feminista que moito antes facíase eco neste blogue. O presente e o futuro da nosa contorna tamén ten que ter un recoñecemento para o pasado e para as mulleres do pasado. Todos e todas recordamos grandes escritores, grandes filósofos, grandes figuras da nosa historia, pero esquecémonos daquelas mulleres que tamén fixeron historia non só no mundo senón no día a día. A autora desta obra é África López Souto, catedrática de filosofía do IES Urbano Lugrís da Coruña, foi tamén editora da edición galega da obra de Simone de Beauvoir O segundo sexo editado por Edicións Xerais de Galicia no ano 2007. Nesta obra, a autora non fai unha análise en perspectiva histórica, senón por eixos temáticos, tratando tamén aqueles oficios esquecidos que ocupaban mulleres e que até fai pouco non tiñan nin seguro na Seguridade Social como son palilleiras ou mariscadoras, oficios no Réxime especial do mar. Por