Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2022

LIEDERS

Rosalía de Castro deixounos moito material para a análise e a profundización.  Coma ben dixemos fai certo tempo, a máis grande das nosas letras tamén deixou pegada na literatura castelá. Escribiu nesta lingua obras como En las orillas del Sar, Las literatas, Flavio, A mi madre, La hija del mar ou Lieders. Este precioso manifesto xorde dunha petición feita en 1858 por Benito Vicetto. Este home escribiulle a Murguía para pedirlle amablemente que cantase a santa liberdade do pobo galego e abofé que o fixo.  A xoven autora está a elaborar o seu primeiro documento de identidade, por certo no mesmo ano en que casa con Murguía, unha especie de aviso a navegantes coa contundencia que caracterizou a nosa propia escritora. O diario El Miño será o destino deste breve manifesto feminista, periódico dirixido entre outras persoas por Juan Compañel, editor de Cantares, como Alejandro Chao, membro dunha das familias máis importantes da historia de Vigo. Grazas ao arquivo que os Chao gardan en Vigo e a