Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2022

Pilar García Negro: "Murguía captou desde o primeiro momento o papel superior da estética e das capacidades da súa muller."

Imaxe
  Pilar García Negro naceu en Lugo en 1953. Actualmente é profesora honoraria da Universidade da Coruña e foi deputada do Parlamento Galego e unha das grandes estudosas da literatura galega cun amplo abano de publicacións.  Fai un mes púxenme en contacto con ela co obxectivo de abrir unha sección de entrevistas neste blogue con persoeiros que influíron na lingua e na política da Galiza. Quero agradecerlle públicamente o seu interese por responder a estes inquéritos e espero que esta entrevista sexa do voso agrado. Celebramos este ano   o día de Rosalía de Castro por primeira vez dun xeito oficial. Por qué é importante celebrar a Rosalía dende as institucións? Realmente, o que se celebrou este ano por primeira vez é un cambio de data, do 24 ao 23 de Febreiro, pois está demostrado que foi este o día en que naceu, o 23, sendo o 24 o do seu baptismo (de aí a confusión). A data foi sempre celebrada polas asociacións culturais galegas, a AS-PG, a AELG e moitos centros do ensino. A oficiali