Nosotras que nos queremos tanto
Unha das grandes características do ser humano é a irmandade filial que establecemos coas nosas relacións de amizade. Moitos exemplos existen ao longo da nosa vida. Nos feitos políticos tamén pasa o mesmo. Unímonos todos por unha mesma razón, por unha mesma causa. E, se todo isto, o unimos nun mesmo programa de TV, fai moi gustoso ao telespectador á mergulla dese programa. En tempos de pandemia a vida segue. E moitos seguen facendo un esforzo enorme, para encher as nosas vistas e os nosos ollos, comentando dunha maneira un tanto atractiva a situación política que nos toca vivir, adaptando os medios precisos para isto. No extremo sur de América Latina atópase un dos países con máis beleza e co que máis relación temos todos os galegos e as galegas por un feito histórico ocorrido ao longo dos séculos como é a emigración. Alí xuntáronse tres amigas para falar de aspectos importantes da vida social do país, deleitándonos da súa simpatía e ledicia a todos nós. Se vén esa conver