Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2020

Qué é a literatura

Nestes meses de verán hei de confesar que non subirei ningún comentario de libros, xa que estou actualizando o meu catálogo, pero quixera compartir con vostedes esta reflexión. O outro día estaba nunha bocatería e estabamos debatendo sobre o estado da lectura e os libros en xeral e ocorréuseme facer a seguinte reflexión: qué é a literatura?, qué son os libros? As respostas poderían ser moi doadas. Sen embargo, se o pensamos tan ben, aínda nos facemos estas preguntas. Empecemos cunha definición moi clara e sinxela. A literatura é a mostra dos gustos e das preocupacións que a xente tén nun momento determinado da súa existencia vital e que está reflexada en cada escritor e en cada libro dunha maneira artística. Poderíamos deixalo así.  A literatura é, polo tanto, un espello onde mirámonos reflexados a través da arte de escribir. Por iso, existen tendencias ou modas e libros que penduran no tempo como clásicos da vida. Porque son esa mostra vital e humana que reflexa o noso ser.  Voltemos