O autismo na sociedade actual
Comparto con gusto o artigo publicado no Nós Diario A verdade é que pensamos moito que a xente con autismo e da familia dos TEA (Trastornos do Espectro Autista) son estraños, coma se fosen marcianos que non existisen no noso planeta e ben pode ser un veciño ou unha veciña da nosa contorna. E digo isto debido a que a mente humana prexulga moitas veces acerca de nós. E quizais sexamos as persoas máis reais, con mellor corazón e cunha concepción da vida chea de moita lóxica. Unha das grandes reflexións persoais que fixen foi o sentido do meu 'ser 'autista'. Quizais moitas veces foron cheas de medo ou de xenreira. Con todo, a meirande parte das veces, esta revisión mental foi plácida e feliz. Esa forma de ver a vida creo que me enriqueceu, xa que me deu outra visión das cousas e conseguín comprender a intelixencia do ser humano no seu mellor estado de pensamento. Con esta maneira de ser e de actuar, pensei moito naqueles momentos que foron de esforzo constante e que deron moit